Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 10 do texto refundido da Ley xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.
Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación a aportar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario teléfono: 988 38 58 48, 988 36 91 11.
Para que conste, sirve de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Ourense, 13 de decembro de 2018
Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
ANEXO
Expediente |
DNI/NIF |
201804084 |
44464049N |
201803725 |
15490921F |
201804461 |
55252185C |
201804083 |
44483800Y |
201804134 |
44497649D |
201803717 |
X2111519G |
201804223 |
27248137Z |
201803639 |
76712994J |
201803450 |
34980582C |
201804174 |
44478497Q |
201803404 |
34606967V |
201803674 |
13127749Q |
201804151 |
34989698M |
201803204 |
Y3026990C |