Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2019 Páx. 2401

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero).

Advertido erro no citado extracto da resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 1, do 2 de xaneiro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 151, no apartado primeiro, punto 3, onde di: «Non poderán ser beneficiarias as mulleres que percibisen esta axuda ou a axuda periódica establecida no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero con anterioridade.», debe dicir: «Non poderán ser beneficiarias as mulleres que percibisen esta mesma axuda con anterioridade».