De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Coruña sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 20 de decembro de 2018
Mónica López López
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: MON-CO-0043/2017-IO.
Denunciado: 32201422L.
Acto de notificación: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas.