Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Ragar I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 26 de novembro de 2018, Ramón García Fernández e Ramona Rodríguez Cores solicitaron autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Ragar I.
Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. O informe do Servizo de Protección de Recursos sobre as características da batea é favorable.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.
Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de María del Rocío García Rodríguez (****9148), da concesión que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Ragar I.
Situación:
Cuadrícula nº: 74.
Polígono: C.
Distrito: Cambados (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 30.10.1972.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: Ramón García Fernández (****8361) e Ramona Rodríguez Cores (****1496).
Nova titular: María del Rocío García Rodríguez (****9148).
A nova titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento da formalización da mellora en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 12 de decembro de 2018
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo