Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2019 Páx. 3403

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas ER-1, ER-2, ER-3, ER-4, ER-5, ER-6, ER-7 e ER-8 no ámbito do SUNP-14 (Tras Paxonal).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 20 de decembro de 2018, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a reordenación de volumes nos bloques ER-1-2-3-4-5-6-7-8 do SUNP-14 (Tras Paxonal), segundo o documento refundido presentado por Construcciones Ruafer, S.A. con data do 17 de xullo de 2018, formulado polo arquitecto Javier Amenedo.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa e ordenanzas publicarase no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais