Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se lles notifica a varios interesados a variación da afección nun predio da súa propiedade, dentro do procedemento de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica (expediente 017/2005 AT).

O 5 de setembro de 2006 a Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Innovación e Industria ditou resolución pola que se someteu a información pública para autorización, aprobación do proxecto de execución, declaración de impacto ambiental e aprobación do proxecto sectorial da instalación eléctrica denominada liña alta tensión a 132 kV parque eólico Serra de Oribio-subestación Triacastela, concellos de Samos e Triacastela, e da súa declaración, en concreto, de utilidade pública (expediente 017/2005 AT).

Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 18 de setembro de 2006 e no Boletín Oficial da provincia do 16 de setembro. Simultaneamente, a dita delegación provincial notificoulles a todos os propietarios dos predios afectados pola dita instalación eléctrica, que figuraban na relación de bens e dereitos afectados do proxecto (RBDA), recollida como anexo na dita resolución de información pública, a solicitude de utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Para cumprir coa exixencia da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, en relación coa protección do Camiño Francés do Camiño de Santiago, a empresa promotora proxectou o soterramento do último tramo da liña eléctrica dentro da zona delimitada como BIC (ben de interese cultural). Esta modificación implica unha variación da afección do predio identificado na RBDA cos seguintes datos:

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Concello

Propietario

18

41

41

Carrego

Triacastela

María Jesús Pombo Páez; Mercedes Pombo Páez; Mercedes Pombo Portela; Rosario Pombo Portela

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de aplicación neste procedemento en virtude da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que figuran na táboa anterior para seren notificados por comparecencia, por non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas