Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3473

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

O 26 de abril de 2018 publicáronse no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e convocáronse para o ano 2018. Estas axudas tiñan como finalidade aplicar a medida 8.1 (establecemento e mantemento de superficies forestais), que figura no PDR de Galicia 2014-2020.

Estas axudas están recollidas no Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, foron comunicadas por España á Comisión Europea e publicadas na páxina web da Comisión (http://ec.europa.eu/competition/elojade/isef/case_details.cfm?proc_code=3_SA_43021 ) o 20 de outubro de 2015, coa clave SA.43021 (2015/XA).

A experiencia na xestión desas axudas no ano 2018 supón modificar certos procedementos na súa tramitación que xustifican a elaboración dunhas novas bases reguladoras.

Respecto disto nesa orde de convocatoria do ano 2018 incluíuse como obrigatoria a tramitación electrónica do procedemento por parte das persoas físicas solicitantes xa que se considerou acreditado que poden ter acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, toda vez que, de acordo coa experiencia de anos anteriores e tamén por razón da súa capacidade económica, na tramitación das axudas as persoas físicas son asesoradas na maioría dos casos por gabinetes técnicos, os cales cobren practicamente toda a solicitude de axuda (proxecto técnico, memorias xustificativas das actuacións, etc.). Ademais, a tramitación electrónica do procedemento redunda nunha maior comodidade na presentación e recepción de documentos, así como nunha maior rapidez, seguridade e axilidade na tramitación, cuestións moi valoradas polas persoas físicas.

Por todo o anterior e polos bos resultados de xestión da convocatoria do ano 2018, na convocatoria do ano 2019 a tramitación electrónica é obrigatoria tamén para as persoas físicas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder á súa convocatoria para o ano 2019 en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MR670B).

2. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1 e 22 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, e por Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:

a) Os bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central, autonómica ou local.

b) Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Os bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

e) As superficies que tivesen algún compromiso de mantemento e/ou conservación de ordes de axuda anteriores.

f) Os terreos en que existise arboredo nos últimos 10 anos, ou que teñan fracción de cabida cuberta igual ou superior ao 20 %. Para a súa verificación por parte da consellería competente no medio rural, se nunha zona cunha superficie de máis de 0,1 hectáreas existe unha fracción de cabida cuberta igual ou superior ao 20 %, esta superficie excluirase do total.

g) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.

h) Os terreos onde o plan xeral de ordenación municipal non permita a plantación.

i) Os terreos que se atopen en hábitats prioritarios establecidos na Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

2. No caso de montes propiedade do Estado, da Comunidade Autónoma de Galicia, ou das entidades locais, a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado. Nese caso unicamente se ofrecerá a axuda para os custos de establecemento.

3. Tamén serán elixibles as actuacións en montes que teñan subscrito un convenio coa Xunta de Galicia ou en montes que teñan solicitado o cambio de consorcio a convenio, en que non estea prevista ningunha actuación con cargo ao convenio, e o proxecto de ordenación o permita, logo de informe favorable do servizo provincial responsable dos recursos forestais correspondente. Os montes consorciados coa Administración, na data que remate o prazo de solicitude da axuda, non poden solicitar as axudas dentro da superficie consorciada.

Artigo 3. Liñas de axudas

1. As axudas obxecto de subvención son as seguintes:

a) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo I desta orde (coníferas).

b) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo II desta orde (frondosas).

Artigo 4. Tipos de superficies obxecto de axuda

1. Poderán ser obxecto de axuda as actuacións naqueles terreos que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como forestal (FO), pasto con arboredo (PA), ou pasto arbustivo (PR).

2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, en todo caso, e no establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e a normativa de desenvolvemento.

3. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.

4. Non se concederá axuda sobre parcelas situadas en hábitats definidos como prioritarios pola Directiva 92/43/CEE.

5. A cualificación urbanística das parcelas que se vaian forestar deben admitir as actuacións polas que se solicita axuda.

Artigo 5. Beneficiarios

1. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, como moi tarde o día en que remate o prazo de presentación da solicitude da axuda. Así mesmo, deberán ter presentadas as comunicacións dos ingresos e reinvestimentos no prazo establecido no capítulo III do Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal.

5. As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

7. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

8. Non poderán ser beneficiarias as entidades locais.

Artigo 6. Intensidade da axuda

A intensidade de axuda para estas actuacións será do 100 % e a axuda calcularase sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico ou no anexo XIII, segundo sexa o caso.

Artigo 7. Actuacións obxecto de axuda e importes máximos subvencionables

1. As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:

a) Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais:

Estes gastos incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, así como os de plantación propiamente dita e a área de defensa contra incendios forestais.

O importe máximo do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os valores recollidos no anexo III, será de 1.853 euros en especies do anexo I (coníferas), e de 2.398 euros en especies do anexo II (frondosas).

Este importe máximo de investimento por hectárea de actuación incluirá as axudas da medida 8.3 outorgadas na mesma superficie nos últimos 5 anos, sendo o computo deses anos con respecto ao ano de concesión da axuda (polo que na convocatoria do ano 2019 será desde o ano 2014 en diante).

b) As infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e cartel das novas forestacións que se realicen ao abeiro desta orde estarán suxeitas aos seguintes condicionantes:

i) Deberanse localizar dentro ou estremeiras coa área obxecto de forestación.

ii) O importe máximo do investimento calcularase aplicando os valores máximos recollidos no anexo III, será de 255 euros por cartel (máximo subvencionable un cartel por solicitude, e só no caso de que o solicitante estea obrigado á súa colocación segundo o artigo 30.1); de 7.580 euros por quilómetro de peche perimetral, e de 2.956,07 euros por quilómetro de arranxo de pista forestal.

iii) Ademais, a repercusión máxima total por hectárea de actuación no arranxo de pista forestal e de peche perimetral será de 720 euros. No caso do peche só se subvencionará cando se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética ...).

c) Tamén se subvencionarán os honorarios de redacción de proxecto, logo de solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo III de traballos, e só naqueles casos en que é obrigatoria a súa presentación.

d) As superficies que, conforme o anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, deben plantarse obrigatoriamente con frondosas caducifolias non poderán excluírse da superficie obxecto de actuación, salvo que as ditas superficies se atopen entre as superficies excluídas no artigo 2 da presente orde ou porque o terreo que se plante non fai viable a súa plantación, o que debe xustificarse tecnicamente.

2. O IVE non é subvencionable.

Artigo 8. Condicións técnicas xerais

1. As densidades mínimas de plantación deberán ser as seguintes:

a) Anexo I (coníferas): a densidade de plantación será de polo menos 1.100 plantas/ha.

b) Anexo II (frondosas): a densidade de plantación será de polo menos 625 plantas/ha.

2. Especies que se van utilizar:

a) Poderán ser obxecto de axuda as plantacións coas especies comprendidas nos anexos I e II desta orde. As superficies, conforme os puntos c), d), e), g), h) i) e j) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, plantaranse obrigatoriamente con frondosas caducifolias do anexo II desta orde agás xustificación técnica de que non procede por xa existir esa vexetación ou porque o terreo que se plante non a fai viable.

b) A nivel de parcela só se admitirán plantacións mixtas entre especies do mesmo anexo ata un máximo de tres especies diferentes.

c) Características da planta:

i) A planta empregada deberá cumprir co establecido na normativa vixente no referido a requisitos sanitarios, de procedencia e calidade exterior, no xeito en que sexan exixibles pola autoridade competente as especificacións recollidas no Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución, e supletoriamente polo Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, e a súa modificación recollida no Real decreto 1220/2011, do 5 de setembro, así como polo Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito cara a países terceiros.

ii) De empregarse planta de frondosa en contedor, a planta deberá ser dun ou dous zumes e o tamaño mínimo do contedor de 300 cc; no caso de Betula sp, o tamaño mínimo do contedor será de 200 cc.

iii) De empregarse planta de frondosa a raíz núa, a planta deberá ser de dous ou máis zumes, preferentemente repicada, excepto no caso de clons híbridos.

iv) A produción e a comercialización do material forestal de reprodución poderá proceder de calquera persoa provedora da Unión Europea, salvo que por motivos de sanidade vexetal a consellería competente no medio rural estableza medidas preventivas.

d) A lonxitude máxima subvencionable de arranxo de pista forestal, que se deberá realizar dentro da superficie obxecto de actuación, será de 40 metros lineais por hectárea de actuación, e de 20 metros lineais por hectárea en zonas de montaña, tal e como se definen na medida 13 do PDR de Galicia 2014-2020, ou que afecten espazos protexidos, segundo o proxecto técnico presentado. No caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual en superficies de actuación inferior a 10 hectáreas, non se subvencionará o arranxo de pista.

3. No caso de actuacións superiores a 40 hectáreas, as actuacións consistirán:

a) Na plantación exclusiva de especies ecoloxicamente adaptadas e/ou de especies resistentes ao cambio climático na zona bioxeográfica de que se trate, que non fosen declaradas, mediante unha avaliación de impacto, unha ameaza para a biodiversidade e os servizos ecosistémicos, nin teñan un impacto negativo na saúde humana, ou

b) Nunha mestura de especies de árbores que inclúa polo menos un 10 % de frondosas por zona, ou un mínimo de tres especies ou variedades de árbores, en que represente a menos abundante como mínimo o 10 % da superficie.

Estas actuacións deberán estar xustificadas no proxecto técnico.

4. As condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo IV.

5. No caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual en superficies comprendidas entre 1 e 10 hectáreas, non será necesaria a realización de áreas de defensa contra incendios forestais, agás que no correspondente plan de prevención e defensa contra incendios forestais o estableza.

6. A planificación da plantación deberá axustarse ás distancias que exixe a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e as súas modificacións, e que se concretan no artigo 68 e anexo II da lei.

7. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberase cumprir, en todo caso, o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, os artigos 12, número 1.e); 15 números 2 ao 8, e 17 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, e na Orde do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

8. As mouteiras de rexenerado existentes nas superficies obxecto de actuación quedarán excluídas e deberanse manter, en todo caso, non interrompendo a continuidade do couto redondo da solicitude.

9. No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

10. Todos os solicitantes destas axudas deberán presentar, como moi tarde antes de que remate o prazo de solicitude da axuda, copia da presentación telemática da súa adhesión aos modelos silvícolas, segundo a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia (no modelo oficial do procedemento MR627D), coas seguintes excepcións:

a) Se a persoa solicitante xa presentou a súa adhesión a modelo silvícola con anterioridade á publicación da orde, basta con que acredite a súa presentación anterior.

b) Se a persoa solicitante dispón dun instrumento de ordenación ou de xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, é suficiente con que na solicitude de axuda faga referencia a esta circunstancia.

11. En cumprimento do establecido no artigo 45 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, as operacións de investimento Feader irán precedidas dunha avaliación de impacto ambiental, cando poida ter efectos negativos para o ambiente. Neste suposto, no caso de que o investimento requira unha avaliación de impacto ambiental, esta realizarase conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. O solicitante deberá acreditar a súa dispoñibilidade en sentido favorable, especialmente no caso de terreos en Rede Natura 2000, no momento en que a xefatura territorial de cada provincia propoña a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria. Ademais, o solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en aplicación da Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente, e conforme o disposto na normativa de axudas de Estado, en concreto, na Lei 21/2013, se for de aplicación.

12. É obrigatorio solicitar dentro da superficie de actuación as superficies que conforme o anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, deben plantarse obrigatoriamente con frondosas caducifolias.

Artigo 9. Condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións

1. No anexo VII figuran as instrucións do formato da información do proxecto en soporte dixital e vectorial, que se debe presentar xunto coa solicitude de axuda e demais documentos.

2. No proxecto, coas actuacións, deberá figurar como mínimo o seguinte:

a) Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros e accesos.

b) Descrición das actuacións que se levarán a cabo.

c) Especies, densidade final e quenda da especie.

d) Indicación de se os terreos están incluídos na Rede Natura 2000, en zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, que regula o Decreto 232/2008, do 2 de outubro.

e) Orzamento, de acordo coas normas de redacción de proxectos.

f) Cartografía: planos sobre mapas oficiais. A planimetría do proxecto presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum ETRS89, e terá que ser achegada en soporte dixital en formato vectorial, en formato shape (shp), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. Indicarase claramente o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos. No caso de instrumento de ordenación indicaranse os rodais e cantóns de ordenación.

As agrupacións de propietarios terán que incluír nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie con que participa cada membro da agrupación.

Nos planos presentados deberá reflectirse indubidablemente onde se localizan os distintos tratamentos que se van efectuar na mesma parcela, tendo que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto, segundo a táboa número 1 do anexo VII.

g) Estudo básico de seguridade e saúde.

h) Prego de condicións técnicas: de acordo coas normas de redacción de proxectos.

3. Deberán respectarse as restricións que a autoridade competente en materia de augas estableza.

Artigo 10. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas e superficies excluídas

a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor e os propietarios particulares de xeito individual, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas por couto redondo. Admitirase máis dun couto redondo.

b) Para propietarios particulares de xeito individual, a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea por couto redondo. Admitirase máis dun couto redondo.

c) No caso das Sofor, a superficie mínima de actuación será de 3 hectáreas, nun ou varios coutos redondos e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea.

d) As superficies que, conforme o anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia deben plantarse obrigatoriamente con frondosas caducifolias deberán incluírse na superficie obxecto de actuación.

2. Superficie máxima:

a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor e dos propietarios particulares de xeito individual, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 150 hectáreas nun ou en varios coutos redondos, e sempre e cando a superficie mínima por couto sexa de 3 hectáreas.

b) Para propietarios particulares de xeito individual, a superficie de actuación máxima por solicitude será de 150 hectáreas nun ou en varios coutos redondos e sempre e cando a superficie mínima por couto sexa de 1 hectárea.

c) No caso das Sofor, a superficie máxima de actuación será de 150 hectáreas nun ou varios coutos redondos e sempre e cando a superficie mínima por couto sexa de 1 hectárea.

3. En todos os casos a continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

4. Superficies excluídas:

a) Excluiranse da superficie de actuación os encravados de extensión igual ou superior a 100 m2, pistas, estradas, etc.

b) En superficies en concentración parcelaria en execución soamente poden ser aprobadas as axudas solicitadas en superficies en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme antes do remate do prazo de solicitude destas axudas. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o servizo provincial responsable das infraestruturas agrarias emita un certificado en que indique o nome do propietario e a manifestación de que o dito predio non vai cambiar.

c) As superficies incluídas nun proceso iniciado de expropiación forzosa non se poderán beneficiar destas axudas.

d) No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfolóxico, botánico, fáunico, histórico, literario e paisaxístico, delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

Artigo 11. Compromisos

1. Os beneficiarios das axudas comprométense expresamente ao cumprimento das condicións previstas nesta orde.

2. Compromisos de mantemento e conservación:

a) O titular comprométese a manter a forestación, incluído o cartel informativo, se for o caso, conforme as condicións de comprobación, e a conservar a masa creada durante a quenda da especie ou ao menos 20 anos e devolver o diñeiro percibido e os seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Así mesmo, deberanse manter operativas as súas infraestruturas de acompañamento e a área de defensa da masa.

b) No caso de sociedades e agrupacións de propietarios legalmente constituídas, comunidades de bens, os pro indivisos, montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, todos os seus membros se comprometen a cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na demais normativa concorrente. A responsabilidade do bo fin da actuación será exixible a cada propietario membro da agrupación. Todos os membros integrantes se comprometen a levar unha xestión conxunta da forestación durante a quenda da especie.

3. Se as superficies forestadas se transmitisen en todo ou en parte durante o período de compromiso, o novo titular deberá cumprir as condicións exixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.

4. Poderán ter lugar usos gandeiros complementarios cando estes xa non prexudiquen a forestación, logo da autorización do servizo provincial responsable dos recursos forestais e cando estean dados de alta no rexistro correspondente.

5. Se, unha vez efectuada a solicitude e antes da forestación, o terreo é obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o beneficiario deberallo comunicar inmediatamente, por escrito, ao servizo provincial responsable dos recursos forestais, co obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

6. No caso de abandono ou destrución da plantación por calquera causa, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar, no prazo máximo dun mes, os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da plantación.

7. O beneficiario comprométese en todo momento a lle facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas materias relacionadas con esta orde.

8. Nas superficies de actuación todos os beneficiarios se comprometen a cumprir co establecido no manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable. Este aspecto verificarase na comprobación final e o seu incumprimento pode dar lugar á revogación da axuda concedida segundo se resolva o correspondente procedemento de perda de dereito ao cobramento. Así mesmo, nos montes conveniados que formen parte do Sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia, os beneficiarios das axudas comprométense a cumprir co establecido no manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable.

9. En todos os casos, e para calquera tipo de titular, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social e poderase solicitar en calquera momento que verifique que cumpre o devandito requisito.

Artigo 12. Prioridades

1. Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria segundo o tipo de beneficiario:

a) Propietarios particulares de xeito individual: 10 %.

b) Sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens e outras persoas xurídicas (S.A., S.L. ...): 45 %.

c) CMVMC: 45 %.

d) No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se consuma a totalidade do importe especificado nos distintos puntos da distribución do crédito detallado nas letras anteriores, os importes sobrantes dos distintos puntos pasarán aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados.

2. Establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación:

a) Para as CMVMC que tivesen investido en melloras do monte, aplicarase a puntuación maior dos tres puntos seguintes:

1º. Investimentos de máis dun 40 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado na data do final de prazo da solicitude da axuda: 10 puntos.

2º. Investimentos dun 50 % a un 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado na data do final de prazo da solicitude da axuda: 20 puntos.

3º. Investimentos de máis dun 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado na data do final de prazo da solicitude: 30 puntos.

b) Por cada membro, da sociedade ou agrupación de propietarios particulares, da cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios), dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou da comunidade de bens: 1 punto (ata un máximo de 10 puntos).

c) Por ser sociedade ou agrupación de propietarios legalmente constituída con xestión conxunta: 10 puntos.

d) Sociedade de fomento forestal rexistrada: 50 puntos.

e) Monte cun proxecto de ordenación inscrito no Rexistro de Montes Ordenados (artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e segundo o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia): 10 puntos.

f) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos. A data límite que se terá en conta á hora de computar os méritos será a correspondente ao derradeiro día de presentación de solicitudes.

g) Sociedade ou agrupación de propietarios en zonas de concentración parcelaria forestal: 10 puntos.

h) Monte veciñal en man común sen convenio ou consorcio en toda a superficie clasificada da comunidade de montes: 30 puntos.

i) Zonas de montaña ou con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas, tal e como se definen na medida 13 do PDR de Galicia 2014-2020: 10 puntos.

j) Zonas de alto risco de incendio forestal (Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal): 10 puntos.

k) Actuación en zona clasificada como Rede Natura 2000: 10 puntos.

l) Plantacións de especies do anexo II (frondosas): 5 puntos por hectárea de actuación ata un máximo de 40 puntos.

m) Por solicitude de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, de pro indiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou da comunidade de bens: 15 puntos.

n) Por cada parcela para a que se solicitou axuda que estean inscritas no Rexistro da Propiedade, no caso de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios), os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou da comunidade de bens: 1 punto por cada parcela, ata un máximo de 10 puntos.

3. A puntuación máxima será de 65 puntos, mentres que a mínima será de 20 puntos. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios, segundo sexa o tipo de beneficiario, e na orde que se establece:

a) Cando o tipo de beneficiario sexa propietario particular de forma individual priorizarase de acordo cos seguintes criterios:

1º. Maior número de parcelas para as que se solicitou a axuda que estean inscritas no Rexistro da Propiedade.

2º. No caso de empate, por maior superficie de actuación.

3º. No caso de seguir co empate, por maior investimento nas actuacións.

b) Cando o tipo de beneficiario sexa Sofor, sociedades e agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas, cooperativas agrícolas, pro indivisos, montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens ou outras persoas xurídicas (S.A., S.L., ...), priorizarase segundo os seguintes criterios:

1º. Solicitudes que sumen un maior número de propietarios.

2º. No caso de seguir empatados, por maior superficie de actuación.

c) Cando o tipo de beneficiario sexan CMVMC priorizarase segundo os seguintes criterios:

1º. Porcentaxe de reinvestimento nas melloras do monte no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda.

2º. Maior superficie de actuación.

3º. Maior número de comuneiros.

4º. No caso de seguir empatados, por maior superficie clasificada do monte.

Artigo 13. Solicitudes

1. As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se a presentación se realiza presencialmente, requerirase para que a persoa solicitante a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A documentación complementaria presentarase tamén por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se a presentación desta documentación se realiza presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo IX) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal. Nestes casos, o solicitante pedirá autorización/informe ao órgano competente por razón da materia. No caso de que a autorización/informe sexa desfavorable ou non se atope en poder da subdirección xeral responsable dos recursos forestais no momento en que o xefe territorial de cada provincia propoña a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

4. Deberán presentar a solicitude correctamente cuberta conforme o anexo IX, xunto co resto de anexos, se for necesario. Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude ou á súa revogación, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedesen. Estes datos son:

a) Datos da persoa solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).

b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.

c) Datos do tipo de solicitante.

d) Copia da súa adhesión aos modelos silvícolas da totalidade do monte, agás nas excepcións establecidas na orde.

e) Tres ofertas de diferentes provedores.

5. Soamente se poderá presentar unha solicitude por titular e ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

6. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos . Tamén se poderá acceder a través da Oficina agraria virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://mediorural.xunta.gal/es/institucional/oficina_virtual/.

7. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 14. Prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

2. Os traballos solicitados non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 19 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.

Artigo 15. Documentación

1. Documentación que se deberá presentar xunto coa solicitude (anexo IX):

a) Documentación xeral:

a.1) No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:

A. Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna:

1. Poder notarial.

2. Representación legal, debendo presentar a autorización asinada e a copia de escrituras ou poderes onde se acredite a representación legal.

B. Mediante declaración en comparecencia persoal do interesado (poder apud acta):

Realizará o levantamento de acta un funcionario público dunha oficina de asistencia en materia de rexistros, e deixará constancia de que a partir dese momento un suxeito actuará como representante doutro, apartarase desde ese momento a persoa representada do procedemento e dirixiranse as seguintes actuacións ao representante.

a.2) As CMVMC, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, comunidades de bens, outras persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar un proxecto (en formato PDF ou similar, e coa cartografía en soporte dixital en formato vectorial), de acordo co establecido no artigo 9, asinado con certificado dixital por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñaría técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, e co nomeamento do director de obra.

a.3) Unha copia compulsada do documento que acredite a propiedade dos terreos (só para os efectos desta orde) e, no caso de titulares non propietarios do terreo, copia compulsada do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, polo menos, ao período de compromiso da axuda.

A propiedade acreditarase, no caso das CMVMC, de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común. No caso de propietarios particulares de xeito individual mediante algún dos seguintes documentos: escritura pública ou privada (en que se inclúa a relación catastral das parcelas e permita xustificar a propiedade ou outro dereito adquirido), contrato de xestión, inscrición rexistral dos predios, certificación catastral; fichas catastrais (nominais), xustificante do pagamento do IBI, ou coa inscrición como titular dunha explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, así como dos predios sobre os que se solicita a axuda. No caso de agrupacións de propietarios legalmente constituídas (SAT ou cooperativas) mediante a comprobación no Rexistro de SAT e no das Cooperativas de Galicia da existencia dalgún dos seguintes documentos: escritura pública ou privada en que se inclúa a relación catastral das parcelas e permita xustificar a propiedade ou outro dereito adquirido, contrato de xestión, inscrición rexistral dos predios, certificación catastral, fichas catastrais (nominais) e/ou xustificante do pagamento do IBI, ou inscrición como titular dunha explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, así como dos predios sobre os que se solicita a axuda.

a.4) En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, en que figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra, incluído o cartel publicitario, se for o caso). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán exercer a súa actividade vinculada á silvicultura (Clasificación nacional de actividades económicas –CNAE- subgrupo A02: silvicultura e explotación forestal, códigos 021 ou 024, ou obxecto social en que figure a devandita vinculación, ou epígrafe do IAE), polo que xunto aos orzamentos se deberá presentar documentación xustificativa da CNAE ou do IAE ou do obxecto social de cada un dos provedores, para así poder xustificar a súa vinculación ligada á silvicultura.

a.5) Nas zonas de monte ou terreo forestal, copia da adhesión aos modelos silvícolas, no caso de que non fose presentada con anterioridade ou non teña plan de xestión aprobado e inscrito no Rexistro de Montes Arborados de Galicia. A adhesión será da totalidade do monte, non so da superficie obxecto de axuda.

a.6) Declaración responsable da clasificación urbanística das parcelas para as que se solicita a axuda e localización nos planos do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) das ditas parcelas. No caso dunha afección distinta da forestal (Camiño de Santiago, patrimonio, dominio público hidráulico, etc.) farase constar tamén nesta declaración responsable.

b) Documentación específica:

b.1) Para asociacións ou agrupacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán o anexo X ou acordo de cesión asinado por todos os compoñentes da agrupación. A asociación ou agrupación deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data do remate do prazo de presentación da solicitude de axuda.

b.2) Para os pro indivisos, montes de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens, presentarán asinado o anexo XI ou o acordo de compromisos e obrigas por todos os seus compoñentes, e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.

b.3) No caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, documento descritivo das actuacións ou anexo XIII.

c) Documentación complementaria:

c.1) No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á consellería competente no medio rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

c.2) No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos e anexo V debidamente cuberto.

c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, etc.): copia dos estatutos ou escrituras de constitución e acreditación da persoa física que as representa e anexo V debidamente cuberto.

c.4) No caso de propietarios particulares, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens que teñan parcelas inscritas no rexistro da propiedade, e unicamente para os efectos de desempate na puntuación da orde de prioridade, deberán presentar copia de documento que acredite as parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade.

d) Malia o indicado nos parágrafos anteriores, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

2. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

Artigo 16. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

f) Estar ao día do pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

g) Estar ao día do pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

h) Estar ao día do pagamento coa Xunta de Galicia a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

i) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.

j) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo

no cadro correspondente habilitado na solicitude e achegar os documentos.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

3. Nos supostos de imposibilidade material de obter algún dos anteriores documentos, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 17. Tramitación

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a subdirección xeral responsable dos recursos forestais e os servizos provinciais responsables dos recursos forestais.

2. As solicitudes presentadas enviaranse, revisaranse e codificaranse nos servizos provincias de montes. As solicitudes en que non figuren os datos obrigatorios establecidos no artigo 13 desta orde non serán admitidas a trámite.

3. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais examinarán as solicitudes presentadas e requiriran os solicitantes para que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste requirimento indicarase ademais que, se non se emenda, se terá por desistido da súa petición, nos termos previstos na citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais analizarán a documentación presentada coa solicitude. No caso de discrepancia entre a solicitude/declaración xurada e a documentación acreditativa dos criterios obxecto da priorización na axuda, dado que se trata dun procedemento por concorrencia competitiva que afecta terceiros, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

En caso de que o proxecto sexa de cantidade económica superior ao estimado na solicitude, prevalecerá a contía reflectida na solicitude.

5. Unha vez tramitadas as solicitudes, o xefe territorial de cada provincia proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitiraa á subdirección xeral responsable dos recursos forestais.

6. Posteriormente, a subdirección xeral responsable dos recursos forestais emitirá un informe onde se reflictan os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubrisen a dispoñibilidade orzamentaria, e formulará a proposta de resolución que, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, elevará ao director xeral responsable da ordenación forestal para que, pola súa vez, a eleve ao conselleiro responsable do medio rural para a súa aprobación e posterior execución das actuacións.

7. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da mesma Lei 39/2015.

9. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro responsable do medio rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 18. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos, agás as que se refiren no número 6, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entendanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde á posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Malia o establecido nos anteriores puntos, e de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, as notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación, e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, o órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos. Tamén figurará a puntuación de todas as solicitudes que entran no procedemento de concorrencia competitiva.

7. Na notificación de concesión da axuda informanse os beneficiarios de que a operación se financia en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, así como da medida e da prioridade do PDR de que se trata.

Artigo 19. Inspeccións previas

Funcionarios da consellería competente no medio rural realizarán unha inspección no campo para verificar as superficies polas que se solicita axuda, comprobar os datos da solicitude, a viabilidade dos traballos e súa compatibilidade co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga). Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación. Unha diferenza superior ao 30 % entre os datos achegados coa solicitude/documentación acreditativa e as comprobacións que resulten na inspección de campo implicará a denegación da axuda. Será remitida desde os servizos provinciais responsables dos recursos forestais copia da inspección aos beneficiarios das axudas.

Artigo 20. Execución dos traballos

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta orde remata o 15 de marzo de 2020, inclusive, agás no caso das resolucións de concesión condicionadas polo resultado do informe sectorial, que será de 9 meses desde a data de emisión do último informe vinculante.

2. O custo de execución dos traballos subvencionados non pode ser superior ao valor de mercado.

3. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dous funcionarios da consellería competente no medio rural, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas sempre que se acade o mínimo de actuación exixible para obter a axuda. Tamén nesa comprobación final se verificará que as actuacións realizadas son compatibles co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

4. De acordo co artigo 48 do Regulamento de execución 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante os controis administrativos realizados por persoal da consellería competente no medio rural, que examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) O importe que se deberá pagar ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe que se deberá pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado segundo a letra a) supera o importe fixado segundo a letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado segundo a letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

Porén, non se aplicarán sancións cando o beneficiario poida demostrar, a satisfacción da autoridade competente, que non é responsable da inclusión do importe non admisible, ou cando a autoridade competente adquira doutro modo a convicción de que o beneficiario non é responsable diso.

5. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais proporán as anteditas ampliacións ao director xeral responsable da ordenación forestal para a súa aprobación con base nas funcións delegadas polo conselleiro responsable do medio rural para resolver.

6. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 20, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días hábiles. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

7. Así mesmo, no caso de ter presentada a xustificación dos traballos subvencionados, se a persoa beneficiaria é requirida para presentar documentación adicional, e non achega esa documentación no prazo establecido no requirimento perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

Artigo 21. Xustificación dos traballos subvencionables

1. A data límite de xustificación dos traballos é a establecida no artigo 20.1, e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e dos cales se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) con posterioridade á data da inspección previa, a que se refire o artigo 19, e como límite na data de comunicación do remate dos traballos. Polo tanto, as facturas e os xustificantes de pagamento deberán ter datas entre o día seguinte ao da inspección previa e como límite o da data de notificación de remate dos traballos, sempre que se presentasen en prazo.

2. Malia o anterior, no caso de que a persoa beneficiaria da axuda se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias, presentada de acordo coa letra h) do punto 3 deste artigo.

3. Xunto coa notificación de remate dos traballos (solicitude de pagamento), achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

i) Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas. No caso dos propietarios particulares de xeito individual cuxa superficie de actuación sexa igual ou superior a 10 hectáreas, das CMVMC, das sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, das cooperativas agrícolas, dos pro indivisos, dos de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, das comunidades de bens e doutras persoas xurídicas, a acreditación deberá estar asinada por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñaría técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.

ii) Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os valores máximos das unidades de obra previstos no anexo III.

iii) Un detalle doutros ingresos ou axudas que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia e co balance final do proxecto (ingresos e gastos), no cal deberá figurar a sinatura do solicitante ou representante da axuda.

c) Arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital SHP ou similar coa superficie afectada polos traballos subvencionados, coas mesmas características que o ficheiro que figura no anexo VII.

d) Documentación da planta empregada de todas as especies incluídas no anexo I e XII do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución: pasaporte fitosanitario, etiquetas e documentos do provedor consonte os modelos especificados no anexo IX do Real decreto 289/2003, e xustificación dos requisitos de calidade exterior no xeito en que sexan exixibles pola autoridade competente segundo as especificacións recollidas no Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución.

e) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, en que figure unha relación valorada dos traballos executados.

f) Só no caso de CMVMC, xustificación do cumprimento da obriga de comunicación establecida no artigo 125.7 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, tendo en conta que as cotas mínimas de reinvestimento das CMVMC serán do 40 % de todos os ingresos xerados.

g) As instrucións para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento indícanse no anexo VIII.

h) No caso de cesión do dereito de cobramento da axuda cun terceiro:

i) Comunicación do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo XII desta orde.

ii) Copia do documento público ou privado polo cal se formalizou a cesión. Se o documento é privado, deberase presentar copia da declaración do imposto de actos xurídicos documentados, e, se non se asina electronicamente, deberá ser asinado en presencia dun funcionario público, o cal deixará constancia deste acto no dito documento.

Artigo 22. Revogacións e reintegros

1. A axuda reintegrarase, se for o caso, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Se se dá algunha das causas de reintegro sinaladas no artigo 33 la Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

d) Execución de menos do 80 % do importe aprobado, unha vez realizada a certificación final, sen autorización ou causa xustificada excepcional ou de forza maior. Para estes efectos considéranse causas excepcionais ou de forza maior o falecemento da persoa beneficiaria, a incapacidade laboral de longa duración da persoa beneficiaria, unha catástrofe grave que afectase gravemente a explotación forestal, unha enfermidade vexetal que afectase unha parte ou a totalidade da masa arbórea da persoa beneficiaria, ou a expropiación da totalidade ou dunha parte importante da explotación forestal, se esta expropiación non era previsible o día en que se presentou a solicitude.

e) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

f) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

g) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que implique obrigas por parte do beneficiario.

Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora que se calcularán conforme a normativa vixente, en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído da axuda para a medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

h) Así mesmo, se no caso de que nos controis administrativos sobre a solicitude de pagamento, controis sobre o terreo e a posteriori nos cinco anos posteriores ao pagamento da axuda se verifica que non se cumpren as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes e non se acada a puntuación mínima exixida para esa aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e igualmente levará como consecuencia a perda do dereito ou ao reintegro da axuda.

2. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas polo beneficiario exceda os custos da actividade, solicitarase a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

3. No caso de pagamento indebido, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros conforme o disposto no artigo 7 do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario, indicado na orde de recuperación, que non poderá superar os 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

Artigo 23. Controis

1. A consellería competente no medio rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. O beneficiario e a persoa cesionaria do dereito de cobramento, se for o caso, comprométense a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a consellería competente no medio rural, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos regulamentos de execución (UE) nº 808/2014 e 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, e nº 1242/2017 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) nº 809/2014.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen que antes se realizasen os controis establecidos no punto 4 deste artigo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas nos regulamentos de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, e 1242/2017 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.

4. A consellería competente no medio rural, ao abeiro do establecido nos anteriores regulamentos e demais normativa, realizará controis administrativos a todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude. Respecto dos controis sobre o terreo, realizaranse antes do pagamento final, e seleccionaranse sobre unha mostra que representará como mínimo o 5 % dos gastos, mencionados no artigo 46 do Regulamento de execución (UE) 809/2014, cofinanciados polo Feader e que se reclaman ao organismo pagador cada ano natural. Ademais tamén se realizarán, se for o caso, controis a posteriori, dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

5. Respecto das ofertas presentadas a que se fai referencia no artigo 13, e de acordo co artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os provedores desas ofertas estarán obrigados a prestar colaboración e facilitar canta documentación lles sexa requirida, e sobre todo a necesaria para verificar a posible vinculación entre eses provedores.

Artigo 24. Financiamento

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2019 e 2020, con cargo ao código de proxecto 14.02.713B.770.0.2016 00207 por un importe de 7.000.000 € (2.000.000 € no ano 2019, e 5.000.000 € no ano 2020).

2. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

3. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. A consellería competente no medio rural poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

4. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

Artigo 25. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, e no Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) 809/2014.

Artigo 26. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 27. Obrigas

1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos de control da consellería competente no medio rural, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control comunitarias, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ou un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á consellería competente en materia de cultura de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.

4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago serán comunicadas polo solicitante á consellería competente en materia de cultura, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

5. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización á autoridade de xestión do Programa de desenvolvementor rural para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.

6. Durante cinco anos, contados a partir da data de remate dos traballos, realizarase obrigatoriamente, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de marras e no caso de que o estado da forestación o requira:

a) Podas de formación e de calidade.

b) Fertilización cando o estado da planta o demande.

c) Mantemento das infraestruturas da forestación.

Artigo 28. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a consellería competente no medio rural farase constar que estas axudas están cofinanciadas nun 7,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.

2. Conforme o establecido no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a súa posterior modificación mediante o Regulamento de execución (UE) nº 669/2016 da Comisión, do 28 de abril, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento.

Así, en todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

a) O emblema da Unión.

b) Unha referencia á axuda do Feader.

Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

a) Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando se poida establecer un vínculo entre o obxecto do sitio web, e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

b) No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 euros, colocando ao menos un panel ou unha placa con información sobre o proxecto e cos requisitos especificados no anexo VI, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión, nun lugar ben visible para o público, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión así como a bandeira europea e o lema Feader: Europa inviste no rural, nun lugar ben visible para o público.

c) No caso de que a persoa solicitante se beneficie dunha axuda pública total superior a 500.000 euros, deberá colocar, nun lugar visible para o público, un cartel temporal de tamaño significativo relativo ás operacións financiadas, cos requisitos especificados no anexo VI. Posteriormente, o beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente, cos requisitos especificados no anexo VI, de tamaño significativo no prazo de tres meses a partir da conclusión da operación financiada. Os carteis, paneis, placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación, e os elementos (bandeira europea e lema Feader) ocuparán como mínimo o 25 % do cartel, placa ou páxina web.

Artigo 29. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional primeira

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outra axuda sobre a mesma superficie.

Disposición adicional segunda

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) nº 1305/2013, no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, no Regulamento de execución (UE) nº 809/20014, no Regulamento de execución (UE) nº 1242/20017, no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, teranse en conta as circulares de coordinación ditadas polo Fondo Español de Garantía Agraria 8/2018, relativas ao Plan nacional de controis das medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control (https://www.fega.es/sites/default/files/circular_8-2018_PLAN_NACIONAL_DE_CONTROLES_NO_SIG.pdf), e 32/2017, que establece os criterios xerais para a aplicación de reducións, sancións e exclusións nas medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control do período 2014-2020 (https://www.fega.es/sites/default/files/circular_32-2017_CRITERIOS_APLICACION_PENALIZACIONES_NO_SIG.pdf).

Disposición adicional terceira

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta do cidadán.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no dito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

Disposición derradeira primeira

Facúltase a dirección xeral responsable da ordenación forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2018

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Coníferas

Todas as especies se consideran de crecemento lento por quenda maior de 20 anos.

A1 Piñeiro do país (altitude menor de 1.000 m snm) Pinus pinaster.

A2 Piñeiro silvestre Pinus sylvestris L.

A3 Piñeiro insigne Pinus radiata D. Don.

A4 Pseudotsuga Pseudotsuga menziesii.

A5 Piñeiro laricio Pinus nigra.

ANEXO II

Frondosas

Todas as especies se consideran de crecemento lento por quenda maior de 20 anos.

B1 Ameneiro Alnus glutinosa (L.) Gaertn.

B2 Bidueiro Betula sp.

B6 Freixo Fraxinus excelsior L. e Fraxinus angustifolia Vahl.

B7 Castiñeiro Castanea sativa Mill.

B8 Castiñeiro híbrido Castanea X hybrida (resistente á tinta).

(Clon aprobado por orde da Consellería do Medio Rural)

B9 Cerdeiras silvestres e híbridos de produción madeireira Prunus avium L.

B10 Carballo Quercus robur L.

B15 Nogueira americana e híbridos de produción madeireira Juglans nigra.

B21 Pradairo Acer pseudoplantanus.

ANEXO III

Anexo de valores máximos atendibles de unidades de obra de forestación

1. Acción previa sobre o mato.

Concepto

Importe

Nº de clave

Ha de roza manual

1.195,84

1

Ha de roza mecanizada

474,76

2

Ha de tratamento fitocida

288,11

38

Importe en euros.

2. Preparación do solo.

Concepto

Importe

Nº de clave

Apertura mecanizada dun burato con bulldózer

0,51

40

Apertura manual dun compartimento picado de 30 cm de diámetro e profundidade mínima de 30 cm

1,04

4

Apertura manual dun burato de 40 cm×40 cm con profundidade mínima de 40 cm

1,10

5

Ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e cun rípper

345,13

10

Ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e 2 rípper

410,87

45

Ha de preparación do solo con subsolaxe cruzada con profundidade mínima de 50 cm

603,98

37

Ha de preparación do solo con camallón

547,82

42

Labra superficial

223,01

11

Apertura dun burato de 60 cm×60 cm×60 cm con retroaraña

0,83

82

Apertura dun burato de 60 cm×60 cm×60 cm con retroaraña, incluída a roza

1,05

83

Unidade aburatamento de 60 cm×60 cm×60 cm mecanizado con escavadora

1,06

18

Unidade aburatamento de 75 cm×75 cm×75 cm mecanizado

1,09

84

Importes en euros.

3. Implantación vexetal.

Concepto

Importe

Nº de clave

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes, ou frondosa dun zume a raíz núa

0,40

13

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes, ou frondosa dun zume en contedor

0,23

14

Plantación de planta en contedor e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldózer

0,46

46

Plantación dunha conífera a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldózer

0,63

47

Plantación dunha frondosa a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldózer

0,63

48

Plantación manual dunha frondosa de dous zumes ou con máis de 1 m de altura sobre aburatamento mecanizado con escavadora ou manual

0,66

17

Importes en euros.

4. Outras accións incluíbles na forestación.

Concepto

Importe

Nº de clave

Ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra)

227,71

19

Unidade de protector de planta, incluso colocado

1,53

41

Ha de área de defensa contra incendios forestais

616,30

49

Ha de área de defensa contra incendios forestais lindante con pista forestal

364,48

50

Unidade de cartel identificativo

255,00

51

Importes en euros.

5. Unidade planta.

Concepto

Importe

Nº de clave

Ud. conífera 1 zume a raíz núa

0,13

23

Ud. conífera de 2 zumes a raíz núa

0,16

52

Ud. pseudotsuga 2 zumes a raíz núa

0,30

24

Ud. conífera, 1 zume con terrón

0,24

31

Ud. pseudotsuga 2 zumes con terrón

0,35

32

Ud. frondosa 1 zume maior de 20 cm e ata 35 cm

0,36

25

Ud. frondosa 1 zume maior de 30 cm con terrón

0,43

33

Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 35 cm e ata 60 cm

0,86

53

Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 60 cm e ata 100 cm

1,26

54

Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 100 cm

1,65

55

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de 0,5 ata 1 m, de 1 zume

2,13

26

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 1 zume

3,20

27

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de 0,5 ata 1 m, de 2 zumes

3,19

85

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes

4,24

86

Importes en euros.

6. Infraestruturas de acompañamento das novas forestacións que se realicen ao abeiro desta orde.

Concepto

Importe

Nº de clave

Metro lineal peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética

7,58

15

Km arranxo de pista forestal (incluíndo pasos de auga)

2.965,07

11

Importes en euros.

7. Outras actuacións elixibles.

Concepto

Importe

Nº de clave

Tope €/ha proxecto

47,85

89

ANEXO IV

Limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos

Traballo

Limitacións de uso

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Roza manual

• Pendentes superiores ao 35 %.

• Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

• A altura do mato, unha vez rozado, non superará os 10 cm.

Roza mecánica

• Pendentes iguais ou inferiores ao 35 %, agás xustificación técnica.

• A altura do mato, unha vez rozado, non superará os 10 cm.

Tratamento fitocida

• Non utilizar en zonas de valgada.

• Utilizar produtos sistémicos non residuais.

Labra superficial

• Vexetación herbácea.

• Pendentes comprendidas entre 0-15 %.

• Profundidade da labra maior de 20 cm.

Compartimentos picados

• Pendentes superiores ao 35 %.

• Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

• Dimensións mínimas de 30×30×30 cm.

Buratos manuais

• Pendentes superiores ao 35 %.

• Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

• Dimensións mínimas de 40×40×40 cm.

Subsolaxe lineal

• Pendentes comprendidas entre 0-35 %.

• Traballarase no sentido que permita a posterior mecanización dos traballos de mantemento.

• Levantarase o rípper 2 m cada 10 m en caso de pendentes maiores do 20 %.

• Profundidade maior de 50 cm.

Aburatamento mecanizado con bulldózer

• Xustificar a súa utilización en pendentes inferiores ao 35 %.

• Profundidade do labor ao final do burato, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 50 cm.

• Lonxitude total do burato, incluído o burato e o lombo de terra sacada do burato, comprendida entre 150-200 cm.

• Anchura superficial no comezo do burato, medido ao nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm.

• Anchura superficial ao final do burato, medido ao nivel do solo sen alterar, maior de 60 cm.

Camallón con desfonde lineal

• Zonas con alagamentos.

• Só se fará cando a realización dos traballos non produza a inversión de horizontes (horizonte A de profundidade maior de 50 cm).

• Realizarase mediante o pase, de polo menos, dous vesos.

• Profundidade do corte da arada, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm.

• Ancho total do camallón, incluíndo o suco e o lombo volteado, maior de 150 cm.

Aburatamento mecanizado con escavadora

• Plantación de frondosas de altura maior de 100 cm.

• Dimensións mínimas de 60×60×60 cm.

• Pendente máxima do 30 %.

• Terreo non pedregoso.

Fertilización completa

• Realizarase con fertilizantes CEE ou UE, de aplicación localizada e liberación lenta, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evitar a contaminación dos acuíferos.

• Os fertilizantes poderán aplicarse en forma de pastillas ou cápsulas resinadas.

Área de defensa contra incendios forestais

• Obrigatoria, agás xustificación técnica, no caso de CMVMC, sociedades e agrupacións e de propietarios ou outros.

• Terán un ancho mínimo de 10 m.

• Terán unha franxa central de 5 metros con decapaxe ata solo mineral e dúas franxas laterais de, polo menos, 2,5 metros de ancho en que se realizará unha roza a feito.

• No caso de coincidir no perímetro unha pista forestal, débese realizar unha roza nunha franxa de ancho igual ao resultado de restar a 10 metros o ancho da pista en metros.

• Procurarase integrar noutras existentes.

• Efectuaranse cortas transversais, cunha pendente lonxitudinal do 2 % e distanciadas 50 m a partir das pendentes daquelas superiores ao 20 %.

Mellora de pista

• Só se realizará sobre as pistas que conten cunha anchura de caixa, incluídos foxos plataforma, maior de 3 m.

• Non se superará a densidade de 40 ml de pista/ha, e nas zonas de montaña non poderá superar a densidade de 20 ml/ha.

• A pendente máxima da rasante non superará o 12 %.

• A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2 % para facilitar a evacuación das augas cara aos foxos.

• Realizaranse suficientes apartadoiros para garantir a circulación en ambos os dous sentidos.

• Dotaranse as pistas ou camiños de polo menos 2 pasos de auga por quilómetro.

• Nos tramos con pendente, realizaranse cortes transversais en forma de cano dirixidos ao exterior da pista para facilitar a evacuación das augas cada 50 m.

Peche

• Xustificación técnica da súa necesidade.

• Peche perimetral que delimite unha área concreta.

missing image file

ANEXO VI

Carteis e placas

Os modelos de carteis e placas que os beneficiarios de axudas Feader deben utilizar para cumprir coas obrigas recollidas no artigo 28 adaptaranse ao seguinte formato estándar en que o emblema da Unión Europea e a denominación do fondo, conxuntamente co lema, ademais da descrición do proxecto ou operación deberán ocupar como mínimo o 25 % do deseño.

missing image file

Cores e tipo de letra:

Cor branca fondo

Branca

Cor fondo 1

Gris

Cor fondo 2

Cian o 100 %

Cor fondo 2

Negra

Tipo de letra

Rafale

Tipo de letra Feader e lema

News Gothic

Cor letra 1

Negra

Cor letra 2

Branca

Dimensións.

Axuda pública total

Cartel temporal

Placa permanente

>500.000 €

Dimensión mínima (A)

140 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

150 cm

-

No caso de encontrarse en óptimas condicións de mantemento, o cartel temporal poderá ser utilizado como placa permanente.

Axuda pública total

Cartel

Placa

>50.000 €

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima

130 cm

-

No caso de investimentos en infraestruturas, tales como camiños, operación de reestruturación parcelaria ou, en xeral, actuacións que abranguen unha grande área territorial, empregarase preferentemente carteis. Cando o investimento financiado afecte un edificio, maquinaria ou similar, utilizaranse preferentemente placas.

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), non sendo admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

ANEXO VII

Instrucións de remisión da información do proxecto en soporte
dixital e vectorial

1. Consonte o artigo 15, os solicitantes, agás os propietarios particulares de xeito individual cunha superficie de actuación menor a 10 hectáreas, deberán achegar, entre outra documentación, o proxecto, no cal, ademais dos planos, en que se incluirá a cartografía de acordo co establecido nese artigo, terán que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto.

2. E co fin de asegurar unha homoxeneidade na información vectorial subministrada, detállase a continuación o modelo de datos e codificación alfanumérica das entidades vectoriais (polígonos) que deberán figurar nos arquivos que se van entregar.

Formato: Shapefile (a información subministrarase nos arquivos que compoñen o formato shapefile). Ademais é necesario o arquivo coa extensión «prj», coa información do sistema de referencia, que se comprobará para ver que se corresponde co ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Nome do arquivo: coincidente co código completo do expediente de axudas coa separación do ano mediante guión baixo (nos arquivos do shapefile) no caso de non ter o número de expediente de axudas poñerase o NIF do solicitante, sen letra e o ano. Exemplo: 11150001_2019/ 99999999_2019.

Datum e proxección: ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Sixpac: no proxecto técnico indicarase o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos que figuran no proxecto: 2019 ...

Información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais:

Táboa 1: descrición detallada da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais.

Nome do campo

Características

Observacións

Cod.

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Código que se achegará desde a consellería ou no caso de non achegarse, serán números correlativos comezando polo 1.

Sub_Cod.

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo os subrecintos en que se divida un recinto ao ter diferentes tipos de traballo. Serán: 0→ningún, 1→un, 2→dous,...

Cod_exp.

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de trece caracteres

Código completo do expediente de axudas (ou do NIF se non hai nº de expediente). Exemplo: 11150001_2019 (co guión baixo)/33333333_2019.

Prov.

Numérico enteiro (curto) de dous caracteres

Segundo o Sixpac. Exemplo: provincia A Coruña→15.

Conc.

Numérico enteiro (longo) de cinco caracteres

Segundo o Sixpac. Lémbrase que deberá ser «prov+conc». Exemplo: provincia A Coruña (15), concello Carballo (19)→15019

Agreg.

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac.

Zona

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac.

Políg.

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

Parc.

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

Recin.

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

Sup_Tot.

Numérico (dobre) de dez caracteres con dous decimais

Superficie total do recinto segundo o Sixpac, en hectáreas redondeadas a dous decimais.

Uso

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de tres caracteres

Segundo o Sixpac, en maiúsculas (FO, PR, PA,...).

Sup_Act.

Numérico (dobre) de dez caracteres e ata dous decimais

Superficie de actuación (forestación+área defensa) no recinto, que deberá coincidir coa súa intersección co Sixpac, en hectáreas redondeadas a dous decimais.

Act

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de corenta caracteres

Código segundo o cadro adxunto.

Incluiranse todas as unidades de obra que se van facer no recinto. No caso de seren varias, separaranse os códigos mediante un guión medio (-) sen espazos e a serie comezará co código menor de forma ascendente ata o código maior.

Cod_sp.

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de tres caracteres

Código segundo os anexos I e II da orde.

Mouteira

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de tres caracteres

Identificación da mouteira a que pertence o recinto: 1, 2 ... (posibilidade de incluír letras, nunca acentuadas).

Nos casos en que non exista valor para o campo poñerase «0» ou «---», sempre que o admita.

Táboa de codificación do campo Act (unidades de obra):

Código

Categoría

Descrición unidade obra

Uds.

F1

Acción previa sobre o mato

Ha de roza manual

Número

F2

Ha de roza mecanizada

Número

F38

Ha de tratamento fitocida

Número

F40

Preparación do solo

Apertura mecanizada dun burato con bulldózer

Número

F4

Apertura manual dun compartimento picado de 30 cm de diámetro e profundidade mínima de 30 cm

Número

F5

Apertura manual dun burato de 40 cm × 40 cm con profundidade mínima de 40 cm

Número

F10

Ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e cun rípper

Número

F45

Ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e 2 rípper

Número

F37

Ha de preparación do solo con subsolaxe cruzada con profundidade mínima de 50 cm

Número

F42

Ha de preparación do solo con camallón

Número

F11

Labra superficial

Número

F82

Apertura dun burato de 60 cm×60 cm×60 cm con retroaraña

Número

F83

Apertura dun burato de 60 cm×60 cm×60 cm con retroaraña, incluída á roza

Número

F18

Unidade aburatamento de 60 cm×60 cm×60 cm mecanizado con escavadora

Número

F84

Unidade aburatamento de 75 cm×75 cm×75 cm mecanizado

Número

F13

Implantación vexetal

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes, ou frondosa dun zume a raíz núa

Número

F14

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes, ou frondosa dun zume en contedor

Número

F46

Plantación de planta en contedor e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldózer

Número

F47

Plantación dunha conífera a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldózer

Número

F48

Plantación dunha frondosa a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldózer

Número

F17

Plantación manual dunha frondosa de dous zumes ou con máis de 1 m de altura sobre aburatamento mecanizado con escavadora ou manual

Número

F19

Outras accións incluíbles na forestación

Ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra)

Número

F41

Unidade de protector de planta, incluso colocado

Número

F49

Ha de área de defensa contra incendios forestais

Número

F50

Ha de área de defensa contra incendios forestais lindeira con pista forestal

Número

M51

Unidade de cartel identificativo

Número

F23

Unidade planta

Ud. conífera 1 zume a raíz núa

Número

F52

Ud. conífera de 2 zumes a raíz núa

Número

F24

Ud. pseudotsuga 2 zumes a raíz núa

Número

F31

Ud. conífera, 1 zume con terrón

Número

F32

Ud. pseudotsuga 2 zumes con terrón

Número

F25

Ud. frondosa 1 zume maior de 20 cm e ata 35 cm

Número

F33

Ud. frondosa 1 zume maior de 30 cm con terrón

Número

F53

Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 35 cm e ata 60 cm

Número

F54

Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 60 cm e ata 100 cm

Número

F55

Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 100 cm

Número

F26

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de 0,5 ata 1 m, de 1 zume

Número

F27

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 1 zume

Número

F85

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de 0,5 ata 1 m, de 2 zumes

Número

F86

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes

Número

M15

Infraestruturas de acompañamento das novas forestacións que se realicen ao abeiro desta orde

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética

Número

M11

Km de arranxo de pista forestal (incluíndo pasos de auga)

Número

F89

Outras actuacións elixibles

Redacción proxecto (€/ha)

Número

A continuación, xúntase exemplo ilustrativo da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais (polígonos):

Cod.

Sub_Cod.

Cod_exp.

Prov.

Conc.

Agreg.

Zona

Políg.

Parc.

Recin.

Sup_tot.

Uso

Sup_Act.

Act.

Cod_esp.

Mouteira

1

1

11150150_2019

15

15026

---

0

25

125

3

7,78

FO

0,29

F2-F10-F46-F31

A1

1

1

2

11150150_2019

15

15026

---

0

25

125

3

7,78

FO

0,07

F49

---

1

2

1

11150150_2019

15

15026

---

0

25

125

3

7,78

FO

3,86

F2-F37-F46-F31

A3

1

2

2

11150150_2019

15

15026

---

0

25

125

3

7,78

FO

0,46

F49

---

1

3

1

11150150_2019

15

15026

---

0

25

302

5

5,22

FO

0,07

F2-F48-F37-F26-F19

B8

2

3

2

11150150_2019

15

15026

---

0

25

302

5

5,22

FO

0,11

F50

---

2

4

1

11150150_2019

15

15026

---

0

25

302

5

5,22

FO

2,57

F2-F37-F46-F31

A3

1

4

2

11150150_2019

15

15026

---

0

25

302

5

5,22

FO

0,08

F49

---

1

5

1

11150150_2019

15

15026

---

0

25

302

4

6,34

FO

0,06

F2-F48-F37-F26-F19

B8

2

5

2

11150150_2019

15

15026

---

0

25

302

4

6,34

FO

0,11

F50

---

2

6

1

11150150_2019

15

15026

---

0

25

302

4

6,34

FO

4,28

F2-F10-F46-F31-M51- F89

A1

1

6

2

11150150_2019

15

15026

---

0

25

302

4

6,34

FO

0,64

F49

---

1

A información do campo «Sup_Act.», resultante do cruzamento co Sixpac do ano 2019 que debe facer o solicitante, deberá ser plenamente coincidente cos datos da solicitude. No campo «Act.» deberán poñerse todas as actuacións que se leven a cabo nesa superficie. O «cartel» adxudicarase ao mesmo recinto que no proxecto. Para as infraestruturas de acompañamento (lineais), as cales contarán co seu «Cod.» e «Sub-Cod.» correspondente, nos campos do «shape» de superficie poñerase «0» ou «---», sempre que o admita. Na táboa «csv» seguinte deberá aparecer na columna «uds.» o seu valor correspondente en metros ou km, segundo o caso, da mesma maneira que outras unidades de obra coma a planta ou o cartel.

A maiores do anterior, deberase presentar tamén un arquivo en formato «csv» (campos separados por punto e coma) cuxo nome sexa o código completo do expediente coa separación do ano mediante guión baixo), no caso de non ter o número de expediente de axudas poñerase o NIF do solicitante e o nome (11150001_2019.csv/77777777_2019.csv, da mesma maneira que os outros arquivos xa vistos), coa seguinte estrutura:

Cod.

Cod_Act.

Uds.

Coste/ud. (sen IVE)

Imp. total (sen IVE)

1

F2

0,29

474,76

137,68

1

F10

0,29

1

F31

319

1

F46

319

1

F49

0,07

2

F2

3,86

474,76

1.832,57

2

F31

4246

2

F37

3,86

2

F46

4246

2

F49

0,46

3

F2

0,07

474,76

33,23

3

F19

0,07

3

F26

44

3

F37

0,07

3

F48

44

3

F50

0,11

4

F2

2,57

474,76

1.220,13

4

F31

2827

4

F37

2,57

4

F46

2827

4

F49

0,08

5

F2

0,06

474,76

28,49

5

F19

0,06

5

F26

38

5

F37

0,06

5

F48

38

5

F50

0,11

6

F2

4,28

474,76

2.031,97

6

F10

4,28

6

F31

4708

6

F46

4708

6

F49

0,64

6

M51

1

255

255

O custo/ud. non poderá superar o recollido no anexo III da orde para cada unidade de obra.

O código da actuación será o recollido na táboa xa vista.

As unidades superficiais irán en hectáreas redondeadas a dous decimais, separados usando (,), non punto (.), e corresponderanse coas que se van facer no recinto do arquivo «shapefile» presentado (O campo «Cod» é o mesmo). En cada liña da táboa para un mesmo «Cod» só pode ir unha actuación.

O resto de datos numéricos (importes) redondearanse tamén a dous decimais, separados usando (,), non punto (.), e non deberán ter separador de millares. Deberán ser valores, non fórmulas. É dicir, que se son produto dun cálculo mediante unha fórmula, deberán copiarse e pegarse (pegado especial...) sobre a mesma cela como «valores».

A orde das columnas na táboa é moi importante para o tratamento dos datos, polo que non se poderá variar. As liñas deberán vir ordenadas polo seu «Cod.» de menor a maior. No caso de non axustarse ao pedido, non se poderán cargar os datos de maneira automática no programa de xestión informática das axudas forestais e, polo tanto, tampouco poderá continuarse coa tramitación do expediente.

ANEXO VIII

Instrución para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento 
das actuacións elixibles

1. Xustificantes de gasto. De acordo co establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, excepcionalmente consistirán nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto1619/2012, do 30 de novembro):

a) As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo e indicarase nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, e reflectirase, neste último caso, a contía exacta que resulte.

b) No caso de presentar fotocopias das facturas, achegará tamén os orixinais para ser dilixenciados pola Administración, marcarase cun selo e indicarase nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, con indicación, neste último caso, da contía exacta que resulte afectada pola subvención.

c) As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– A data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para determinar a base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

– No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, xustificantes de recepción nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

–A factura da planta utilizada ten que estar expedida por un viveiro autorizado e tamén se admitirán as facturas emitidas por comercializadores que veñan acompañadas da copia cotexada da factura do viveiro autorizado ao comercializador. No caso de enxertado, na factura figurará a procedencia da variedade empregada para o enxertado.

2. Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase con copia dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria estará selado pola entidade bancaria.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, e coa documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o antedito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben achegarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file