Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no concello de Xunqueira de Ambía, no ámbito dotacional (rúa Asdrúbal Ferreiro) (expediente 2018AAE2259; código 2136/2018).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 20 de decembro de 2018 sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no concello de Xunqueira de Ambía, no ámbito dotacional (rúa Asdrúbal Ferreiro).

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático