Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3849

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2019 pola que se establecen a data, a hora e o lugar para a realización do sorteo público a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, con anterioridade á convocatoria dos procesos de selección que deriven da oferta de emprego público e con validez para todas elas, a consellería competente en materia de función pública determinará, mediante un único sorteo público realizado logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia, a orde de actuación das persoas aspirantes en todas as probas selectivas de ingreso que se realicen durante o ano. O resultado deste sorteo deberá recollerse en cada convocatoria.

De conformidade co dito artigo, co obxecto de determinar a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2019, esta consellería

RESOLVE:

Realizar en acto público o sorteo referido no parágrafo anterior o día 24 de xaneiro de 2019, ás 10.00 horas, no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda