Mediante Resolución desta dirección xeral do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 13 de marzo) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa.
Na súa base sétima disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, publicándose para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade coa antedita base, esta dirección, como órgano convocante do proceso,
ACORDA:
Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa convocado por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 1 de marzo de 2018, e que aparecen relacionados no anexo desta resolución.
Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade de data 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
|
Grupo auxiliar da función administrativa |
|||
|
Presidente/a titular |
Martínez Blanco, Ramón |
Persoal funcionario do corpo superior de administración da Xunta de Galicia |
|
|
Secretario/a titular |
Rodríguez Cabo, Esperanza |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo técnico da función administrativa |
|
Vogal titular |
Lage Mouriz, Álvaro |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo auxiliar da función administrativa |
|
Vogal titular |
González Luis, Mª Teresa |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo auxiliar da función administrativa |
|
Vogal titular |
Martínez Castro, Francisco José |
Persoal funcionario subgrupo C1. Escala de sistemas e tecnoloxías da información |
|
|
Presidente/a suplente |
Recacho Rivas, Laura |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo técnico da función administrativa |
|
Secretario/a suplente |
Caamaño del Castillo, María Begoña |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo técnico da función administrativa |
|
Vogal suplente |
Alonso Vázquez, Mª Luz |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo auxiliar da función administrativa |
|
Vogal suplente |
López Pérez, Luis Ricardo |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico xestión de sistemas e tecnoloxías da información |
|
Vogal suplente |
Vázquez Vázquez, Fernando |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo auxiliar da función administrativa |


