Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3836

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN848C).

Advertidos erros na referida resolución, na versión en castelán, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 11 de xaneiro de 2019.

Fanse as correccións na versión do DOG neste idioma. Tales correccións non proceden no texto en galego.