Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 16 de xaneiro de 2019, faise necesario publicar as seguintes correccións:
1. Na páxina 2417, artigo 4 (persoas beneficiarias), punto 7, onde di: «7. Os concellos solicitantes deberán ter remitidas as contas correspondentes ao exercicio orzamentario de 2018 ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes. No caso das agrupacións ou asociacións de concellos, deberán cumprir este requisito todos os concellos agrupados ou asociados, polo que o incumprimento por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención suporá a inadmisión desta.»; debe dicir: «7. Os concellos solicitantes deberán ter remitidas as contas xerais de cada exercicio orzamentario ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes. No caso das agrupacións ou asociacións de concellos, deberán cumprir este requisito todos os concellos agrupados ou asociados, polo que o incumprimento por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención suporá a inadmisión desta».
2. Engádese ao final da citada resolución o anexo IX (deseño do panel ou cartel informativo da subvención).
Estas correccións non afectan o prazo de presentación de solicitudes.