Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 3996

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro dano 2018

Convenio

Data da sinatura

Importe total (€)

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica, XesGalicia Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Cerrado, S.A.U., o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo, S.A.; para o desenvolvemento da sexta edición do programa VíaGalicia.

26.10.2018

2.409.456 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Fundación Kertor e Janssen-Cilag, S.A., para a creación dunha incubadora de proxectos no ámbito do descubrimento de fármacos.

8.11.2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do H2020.

27.11.2018

150.000 €

Addenda ao convenio asinado o 26.10.2018 entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica, XesGalicia Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Cerrado, S.A.U., o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo, S.A., para o desenvolvemento da sexta edición do programa VíaGalicia.

29.11.2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Vigo para o financiamento da participación da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla no nodo español European Marine Biological Resource Centre (EMBRC).

4.12.2018

170.687,50 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para o cofinanciamento da participación da Universidade de Santiago de Compostela no nodo español do Consorcio de Infraestruturas de Investigación Europeas EU-OPENSCREEN-ERIC, dedicada á investigación en bioloxía química.

4.12.2018

109.200 €