O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.
As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:
Rexistro de entrada: 97430/RX2639932.
Data: 25.10.2018.
Solicitante: Ramón María Díaz Blanco.
Especie: Quercus robur L.
Localidade: Saavedra.
Concello: Begonte.
Provincia: Lugo.
Rexistro de entrada: 2018/3033605.
Data: 26.12.2018.
Solicitante: Gloria Luis Santamarina (en representación de Trevihost).
Especie: Ilex aquifolium L., Betula celtiberica Rothm., Sorbus aucuparia L.
Localidade: Seoane.
Concello: A Veiga.
Provincia: Ourense.
Igualmente, a seguinte solicitude de exclusión dun exemplar do Catálogo galego de árbores senlleiras foi realizada pola persoa interesada de acordo con ese procedemento:
Rexistro de entrada: 114651/RX2846251.
Data: 26.11.2018.
Solicitante: Anselmo Felisindo Raimundo Rodríguez.
Especie: Castanea sativa Mill.
Localidade: Cádavos-Prado da Ponte.
Concello: A Mezquita.
Provincia: Ourense.
O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmot@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».
Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:
– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.
– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense, rúa Paseo, 18, 32003 Ourense.
Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).
Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2019
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural


