Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a notificación da resolución do procedemento SXRH-PD-34/17.

Intentouse a notificación da resolución do procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-34/17, primeiro, no domicilio da persoa interesada, e, despois, no seu centro de traballo, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada que se indica a continuación de que o director xeral de Centros e Recursos Humanos ditou resolución no procedemento que se indica a seguir:

DNI da persoa interesada: 32808727D.

Procedemento: procedemento disciplinario SXRH-PD-24/17.

A persoa interesada poderá solicitar unha copia desa resolución mediante comparecencia no prazo máximo de 10 días hábiles, de luns a venres (agás festivos), das 10.00 ás 13.00 h, nas dependencias do IES de Vilamarín ou nas dependencias do Servizo de Réxime Xurídico e Recursos da Consellería de Educación, Universidade e FP no Edificio Administrativo San Caetano, na cidade de Santiago de Compostela. O dito prazo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Se transcorrido o dito prazo non tivese comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución do procedemento, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada, no prazo de dous meses, pode formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela (en correspondencia coa sede do órgano que ditou a resolución) ou no xulgado do contencioso-administrativo correspondente ao domicilio da persoa interesada, de conformidade co previsto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Tamén, con carácter previo e potestativo, pode formular recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes, consonte os artigos 116 da LPACAP. Os prazos citados comezarán a contar desde o día seguinte ao da notificación da antedita resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2019

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos