Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de decembro de 2018 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente COR/267/2014-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 22 de novembro de 2018, resolución pola que se impón unha multa coercitiva, derivada do expediente de reposición de la legalidad urbanística COR/267/2014 como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 22 de xullo de 2015, 1 de setembro de 2016 e 22 de novembro de 2018 na cal se ordena a demolición dunha construción de 61,60 m2 de superficie, dunha planta, dous alpendres de 80 m2 e 23 m2 de superficie, acaroados ao vento leste do muro de peche da parcela, outro almacén e unha coelleira, realizados sen autorización autonómica, no lugar da Rega, Bértoa, no concello de Carballo, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vigente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Carmen Rey Rey e Jesús Rafael Rodríguez Pena, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística