Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4314

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 874/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 874/2016 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Piper Pacc Feito en Galicia, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta pola demandante Elena Sánchez Sánchez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno e empresa Piper Pacc Feito en Galicia, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 436,69 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

Para que sirva de notificación en legal forma a Piper Pacc Feito en Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza