Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4321

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 262/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 262/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Carneiro Suárez contra Código y Señal, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 442/2018, do 11 de outubro, ditada no procedemento PO 157/2016 a favor da parte executante, Santiago Carneiro Suárez, contra Código y Señal, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 3.693,34 euros en concepto de principal (2.967,12 euros en concepto de salarios, pagas extra, vacacións e indemnización; 690,48 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores e 35,74 euros en concepto de xuros do artigo 1.108 do Código civil), máis outros 369,33 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A xuíz/xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Código y Señal, S.L. e Fogasa, dar audiencia previa á parte demandante, Santiago Carneiro Suárez e o Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince (15) días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Código y Señal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza