A Xunta de Goberno Local do Concello de Rois, na sesión que tivo lugar o día 10 de outubro de 2018, aprobou inicialmente o estudo de detalle en solo clasificado polo Plan xeral de ordenación urbana como solo urbano consolidado , ordenanza C, afectando a aliñación –marxe esquerda– da estrada AC-301 na zona de Samil, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Ignacio Piñeiro de la Torre (número de colexiado do COAG 3847).
En aplicación do procedemento regulado polo artigo 80.2 da LSG e 194 do seu regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. Simultaneamente, efectuarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.
Durante o trámite de información pública, de ser o caso, solicitaranse os informes sectoriais preceptivos.
O que se fai público co fin de que durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última publicación, os/as interesados/as poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. O expediente pódese consultar desde o día seguinte ao da primeira das publicacións, nas oficinas municipais, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Rois, 27 de decembro de 2018
Ramón Tojo Lens
Alcalde


