Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4299

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 10 de xaneiro de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp no 3º cuadrimestre do ano 2018

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Addenda ao Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional e nas ensinanzas deportivas

19.9.2018

27.190,00 € (2018)

108.024,29 € (2019)

Convenio de colaboración en materia de formación entre a Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello do Porriño

19.11.2018

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Concello de Ames

19.11.2018

Sen achega económica