Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de decembro de 2018, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no procedemento relativo á inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (expediente 84143 e doce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 20 de decembro de 2018

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: resolución de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro)

Expediente

DNI/NIE/NIF

84143

44454997E

84147

44490614N

84292

Y4633695Z

84387

X9136672Z

84593

Y0695043C

84879

44485714B

85444

Y3521440Q

85445

34939169F

85648

44494452D

85938

34531164E

86551

X2776367Z

86673

54731489E

86957

76694132B