Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de decembro de 2018, da Área Provincial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento relativo á inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (expediente 87296).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución de denegación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 20 de decembro de 2018

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: resolución de denegación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro)

Expediente

DNI/NIE/NIF

87296

36582703F