Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4485

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

EXTRACTO da Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2018/19 (código de procedemento PL500A).

BDNS (Identif.): 435760.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Destinatarios

Os centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.

Segundo. Obxecto

A presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2018/19 (PL500A), e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2018/19 (PL500A).

Publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 300.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Vinte días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo