Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nas dilixencias por incumprimento en materia de montes CAF 2018_296 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Coruña sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 19 de decembro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Dilixencias

Persoa denunciada

Datos parcela

Acto de notificación

Concello

Polígono

Parcela

CAF 2018_296

Carmen Domínguez Martínez

Oza-Cesuras

508

765

Requirimento

CAF 2018_310

32594439N

Miño

18

1972

Requirimento

CAF 2018_343

32550445V

Cedeira

501

6588

Requirimento

CAF 2018_427

32151410D

Paderne

2

344

Requirimento