Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 5001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de decembro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Torreiro e outros, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pontellas, na parroquia de Pontellas, concello do Porriño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 20 de decembro de 2017 acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñais en man común dos seguintes montes:

Concello: O Porriño.

Parroquia: Pontellas.

– Nome do monte: Torreiro ou Centro Cultural de Pontellas.

Cabida: 3.998 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral parcela: 36039A018006240000DB.

Referencia catastral das construcións: 002502700NG26F0001OM.

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: estrada e José Avendaño Vázquez.

Leste: José Avendaño Vázquez.

Oeste: estrada.

– Nome do monte: San Campio.

Cabida: 11.897 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral parcela: non figura representada no catastro de predios rústicos.

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: estrada e Eugenio Pichel Domínguez.

Leste: estrada.

Oeste: Alda Alonso López, María Fernández Pérez, José Fernández Domínguez, María Fernández Pérez, María González Leiras, Esther González Bacelo, Josefa Maceira Maceira, María Fernández Pérez, Basilio Rodríguez Gómez, Carmen Fernández Maceira, Mari Luz Pereira Pereira, Carmen Domínguez Pérez, Ramón González Lago, Manuel Rodríguez Rodríguez, Manuel González Lago, Manuel González Leiras, Juan Carlos Pereira Ramilo e Porfirio Vázquez Alonso.

– Nome do monte: Louriña.

Cabida: 5.019 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral parcela: 36039A034005040000DJ.

Estremas:

Norte: terreo ocupado por José Iglesias Ruibal; María del Carmen González Alonso, Constantino Costas Cancelas, Manuel Calvar Fernández e Nemesio Porto Groba.

Sur: estrada do Porriño a Mosende.

Leste: José Manuel Iglesias Cancelas e terreo ocupado por José Iglesias Ruibal.

Oeste: María Rodríguez Piñeiro e Graciana Estévez Rodríguez.

– Nome do monte: Lagoa ou Pereiro.

Cabida: 71.917 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral parcela: 36039A018003730000DG e outras.

Estremas:

Norte: estrada e monte veciñal ocupado por Manuel Rodríguez Lago e descoñecido.

Sur: Amante Serodio Alonso, Obdulia Alonso Domínguez, Mercedes Caballero Castro, Sociedad Gallega de Rocas Ornamentales e Hidrospach.

Leste: monte veciñal ocupado por Manuel Rodríguez Lago e descoñecido e estrada do Porriño a Mosende.

Oeste: Novafrigsa, S.A., Carmen González Guisande, Inversiones Lagoa 2003, S.L., Marina Maceira Maceira, Maximino Fernández Vázquez, Jerónimo Bacelo González, Manuel Rodríguez Dávila, Donato Rodríguez Barreiro e Beatriz Ucha Alonso.

– Nome do monte: Calvario.

Cabida: 5.051 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral parcela: 36039A018006210000DH e 36039A018006170000DU.

Estremas:

Norte: Esperanza Lorenzo Alonso, Severino Rodríguez Alonso, María Míguez Fernández, Edilberto Domínguez Lorenzo e Lino Silva Campo.

Sur: valado que separa de herdeiros de Miguel Pereira, estrada e Manuel Rodríguez González.

Leste: camiño

Oeste: estrada e valado de terra que a separa de herdeiros de Miguel Pereira.

– Nome do monte: A Abelenda.

Cabida: 5.594 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral parcela: 36039A013000720000DA.

Estremas:

Norte: estrada PO-331 e José Durán Vila.

Sur: estrada, camiño e Jaime Bugarín Alonso.

Leste: máis do monte veciñal ocupado por particulares.

Oeste: Marcos Durán Alonso e José Durán Vila.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 26 de decembro de 2018

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor