Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4871

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica o artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establecendo os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior e de grao medio que serán de aplicación para o curso 2018/19. O referido artigo modifica o establecido no artigo 36.1 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

Así mesmo, o Decreto 114/2010, do 1 de xullo, determina no artigo 36.2 que a consellería con competencias en materia de educación regulará as probas de acceso para quen non cumpra os requisitos académicos de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. No artigo 37 disponse que a consellería con competencias en materia de educación convocará, cando menos unha vez ao ano, as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior.

De conformidade co exposto e no uso das competencias que se me atribúen na lexislación vixente,

DISPOÑO:

I. Disposicións de carácter xeral.

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio (código de procedemento ED312C) e de grao superior (código de procedemento ED312D) de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2019.

Artigo 2. Finalidade e persoas destinatarias das probas de acceso

1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Artigo 3. Tribunal avaliador das probas

1. Co obxecto de garantir o acceso aos ciclos formativos de formación profesional en igualdade de condicións, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, un secretario ou unha secretaria e un número suficiente de vogais segundo as áreas ou as materias avaliables.

O presidente ou a presidenta deberán ser un inspector ou unha inspectora de educación, ou ben un director ou unha directora dun centro público docente onde se impartan ensinanzas de formación profesional.

O secretario ou a secretaria e os/as vogais deberán ser membros dos corpos de profesorado de ensino secundario, de profesorado técnico de formación profesional ou de catedráticos/as de ensino secundario.

2. O tribunal avaliador desenvolverá as seguintes funcións:

a) Elaboración das probas e dos criterios de corrección.

b) Supervisión do proceso de corrección.

c) Publicación das listaxes provisionais e definitivas das persoas admitidas para a realización da proba.

d) Resolución provisional e definitiva das solicitudes de exención da proba.

e) Resolución provisional e definitiva de solicitudes de proba adaptada.

f) Resolución provisional e definitiva de cualificacións das probas.

3. Ao tribunal avaliador poderán incorporarse os asesores ou as asesoras que cumpra para resolver as posibles exencións da proba, así como as solicitudes de adaptación para a súa realización, en caso de persoas que acrediten discapacidades.

Artigo 4. Comisións de realización das probas de acceso en centros educativos

1. Do desenvolvemento das probas responsabilizarase, en cada centro proposto e para cada grao, unha comisión de realización de probas nomeada pola xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional por proposta do servizo provincial de Inspección Educativa. Tamén nomeará, polo menos, un inspector ou unha inspectora responsable provincial das probas de acceso, que se encargará da coordinación e da supervisión das comisións de realización da súa provincia.

2. As comisións de realización de probas de acceso aos ciclos formativos estarán integradas por:

a) Un inspector ou unha inspectora de educación, ou a persoa responsable da dirección do centro educativo onde se realicen as probas, que exercerá a presidencia da comisión.

b) Un número suficiente de vogais, que han actuar como vixiantes o día da proba, segundo o número de persoas participantes inscritas e os espazos onde se desenvolvan as probas.

Artigo 5. Funcións das comisións de realización das probas de acceso

1. As funcións das comisións de realización das probas de acceso serán as seguintes:

a) Organizar a realización da proba de acceso no instituto de educación secundaria ou centro integrado de formación profesional que corresponda.

b) Atender e resolver as incidencias orixinadas durante a realización da proba.

c) Formalizar as actas de seguimento do proceso de realización das probas.

d) Emitir as certificacións derivadas do proceso de realización das probas.

e) Calquera outra que lle encomende a Administración educativa no ámbito das súas competencias.

2. A Inspección Educativa supervisará o desenvolvemento das actuacións que se leven a cabo nas comisións de probas de acceso, para garantir así a calidade e a fiabilidade do proceso.

3. As comisións de probas de acceso realizarán a xestión das funcións encomendadas por medio dunha aplicación informática facilitada para tal efecto pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Artigo 6. Publicacións de listaxes

Quen desexar información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso do desenvolvemento das probas de acceso poderá dirixirse ao centro onde realizara a súa inscrición, ao centro onde realice as probas ou ben á páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde se publicarán as listaxes correspondentes. Estas listaxes terán efectos de comunicación ás persoas que presenten reclamación.

Artigo 7. Información e orientación sobre o proceso de realización das probas de acceso

Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

Artigo 8. Documentación do proceso

Os modelos coa información mínima que deben reflectir as actas de cualificación e as certificacións das probas de acceso son os establecidos nos anexos III, IV, V e VI.

Artigo 9. Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades

1. As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso.

Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición e, soamente en caso de non ter que ser emitido pola Xunta de Galicia ou opoñerse á súa consulta, presentar o certificado do grao de discapacidade emitido polo organismo competente, así como o seu ditame técnico facultativo.

2. Con independencia do disposto no punto anterior, tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na solicitude de inscrición e xuntaráselle a xustificación documental do diagnóstico de TDAH (informe médico e informe psicopedagóxico se o houbese).

3. A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior.

4. Os centros de inscrición comunicarán a resolución de adaptación da proba ás persoas que a solicitasen. As listaxes provisional e definitiva de proba adaptada poderán consultarse na secretaría do centro onde se realizase a inscrición polas persoas interesadas ou por quen as represente; non serán publicadas na internet nin nos taboleiros de anuncios.

Artigo 10. Conservación da cualificación das partes superadas

Quen teña realizada a proba de acceso a ciclos formativos de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia nos anos 2017 ou 2018 e non a superase na súa totalidade poderá solicitar a conservación da cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco para a presente convocatoria. En caso de solicitar a conservación, non poderá examinarse desa parte ou desas partes da proba.

Artigo 11. Cualificación das probas de acceso a ciclos formativos

1. Segundo o disposto no artigo 40 do Decreto 114/2010, a cualificación de cada parte da proba será numérica, entre cero e dez puntos. A cualificación de cada parte será o resultado de obter a media aritmética das cualificacións obtidas nos exames que integran esa parte.

A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro puntos en cada parte, e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior. En caso contrario, a nota final cualificarase como «non apto/a».

2. Para os efectos de cálculo da nota final da proba de acceso, non se terán en conta as partes da proba das que a persoa participante fose declarada exenta. Así mesmo, en caso de exención de todas as partes da proba, a cualificación final expresarase como «exento/a». Neste caso, no proceso de admisión a ciclos formativos participarase cunha cualificación de 5,00.

Artigo 12. Validez das probas de acceso

1. De acordo co artigo 42 do Decreto 114/2010:

a) As probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio do Estado. Nos ciclos formativos de grao superior, o acceso a cada un deles mediante proba quedará determinado de acordo coa parte específica desta.

b) Quen realice a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a supere na súa totalidade poderá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos en Galicia, durante os dous anos seguintes.

2. As exencións concedidas ao abeiro da presente convocatoria manterán a súa validez nas futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional en Galicia, sempre que se manteña a estrutura da proba.

Artigo 13. Recursos

Contra a listaxe definitiva de persoas admitidas, a resolución definitiva de exencións, a resolución definitiva de probas adaptadas e as cualificacións definitivas da proba de acceso poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente listaxe definitiva, ante o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 14. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou se deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas aviso da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Para calquera outro trámite distinto da presentación da solicitude, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados nos centros educativos de inscrición.

II. Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio (ED312C).

Artigo 16. Requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

Artigo 17. Datas e lugares de inscrición

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2018/19. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.

Artigo 18. Presentación de solicitudes e documentación

1. As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.

2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude no formulario normalizado do anexo I e que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.

3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Artigo 19. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.

b) Resolución xudicial acreditativa da separación ou divorcio, situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a unha das persoas proxenitoras (documento 1).

c) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 2).

d) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 3).

e) Xustificación documental do diagnóstico de TDAH (documento 4).

f) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 5).

g) Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cando fose expedida por outra comunidade autónoma (documento 6).

h) Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cando fose expedida por outra comunidade autónoma (documento 7).

i) Certificación académica de ámbitos superados do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cando fose expedida por outra comunidade autónoma (documento 8).

j) Certificado de profesionalidade (documento 9).

k) Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) ou o equivalente da mutualidade laboral que corresponda (documento 10).

l) Persoal das Forzas Armadas: certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio (documento 11).

m) Certificado de ter realizado un curso autorizado de preparación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio (documento 12).

2. A documentación complementaria presentarase xunto coa solicitude, segundo o establecido nos artigos 17 e 18 desta orde.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 20. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 2).

b) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 3).

c) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, realizada en Galicia (documento 5).

d) Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cursado en Galicia (documento 6).

e) Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cursado en Galicia (documento 7).

f) Certificación académica de ámbitos do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cursado en Galicia (documento 8).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 21. Estrutura e organización da proba

A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 38.3 do Decreto 114/2010. Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:

a) Parte sociolingüística:

– Lingua castelá.

– Lingua galega.

– Ciencias sociais.

b) Parte matemática:

– Matemáticas.

c) Parte científico-técnica.

– Ciencias da natureza.

– Tecnoloxía.

Artigo 22. Exencións

1. De acordo co artigo 38.4 do Decreto 114/2010, quen participe nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio poderá solicitar a exención total ou parcial da proba. A persoa solicitante non poderá examinarse da parte ou das partes da proba para as que se lle conceda, nesta convocatoria, a exención.

2. Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:

a) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

b) Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional inicial, de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

c) Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

En calquera destas circunstancias, poderase participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio, presentando directamente o certificado acreditativo correspondente.

Artigo 23. Exención de partes da proba

Poderán quedar exentas dunha parte da proba as persoas que acrediten, mediante o documento xustificativo ao que se fai referencia nos artigos 19 e 20, algunha das seguintes circunstancias:

1. Exención da parte sociolingüística:

a) Exención recoñecida nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia (documento 5).

b) Superación dos módulos profesionais de Comunicación e sociedade I e II dun título de formación profesional básica (documento 6).

c) Superación dos ámbitos social e de comunicación dun programa de cualificación profesional inicial (documento 7).

d) Superación dos ámbitos social e de comunicación do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas (documento 8).

2. Exención da parte matemática e da parte científico-técnica:

a) Exención recoñecida nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia (documento 5).

b) Superación dos módulos profesionais de Ciencias aplicadas I e II dun título de formación profesional básica (documento 6).

c) Superación do ámbito científico-tecnolóxico dun programa de cualificación profesional inicial (documento 7).

d) Superación do ámbito científico-tecnolóxico do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas (documento 8).

3. Exención da parte científico-técnica:

a) Exención recoñecida dunha convocatoria anterior das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia (documento 5).

b) Superación dos módulos profesionais dun título de formación profesional básica agás o módulo de Formación en centros de traballos e os módulos asociados aos bloque comúns (documento 6).

c) Superación dos módulos específicos profesionais (exceptuando o módulo de Formación en centros de traballo) dun programa de cualificación profesional inicial (documento 7).

d) Certificado de profesionalidade de calquera nivel, consonte o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade (documento 9).

e) Acreditación, como mínimo, do tempo equivalente a un ano de experiencia laboral a xornada completa, con independencia do campo profesional en que se traballase. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade á conclusión do período de inscrición para as probas.

– En caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación para presentar será a certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación (documento 10). En caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio (documento 11).

– En caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación para presentar será a certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) onde conste o período de cotización no réxime especial de traballadores/as autónomos/as, ou o equivalente da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a (documento 10).

Artigo 24. Relacións provisorias e definitivas de persoas admitidas e excluídas para as probas

1. A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 5 de abril. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 8 ao día 12 de abril, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. Así mesmo, durante o período de reclamación poderase achegar a documentación pendente de entrega ou reclamada pola Administración referente ao solicitado na folla de inscrición.

3. A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 7 de maio.

Artigo 25. Resolución das solicitudes de exención e de proba adaptada

1. A resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 5 de abril. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

2. Contra estas resolucións provisorias as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día 8 ao día 12 de abril, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática.

3. A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 7 de maio. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

Artigo 26. Comisións de realización das probas de acceso

De acordo co establecido no artigo 4, con anterioridade ao 30 de abril, cada xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional comunicará por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o seguinte:

– O nome do inspector ou a inspectora responsable provincial das probas de acceso.

– A relación de centros públicos onde se vaian constituír as comisións de realización das probas, así como os centros adscritos. O día 7 maio farase pública esta listaxe en cada centro onde se realice a inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

– A relación das persoas integrantes das comisións de realización das probas, con detalle das funcións ou as tarefas que desempeñarán, en cada caso.

Artigo 27. Realización da proba

1. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 28 de maio de 2019 no horario que se indica deseguido:

– Ás 9.00 horas: presentación.

– Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Artigo 28. Relacións provisorias e definitivas de cualificacións

1. A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 10 de xuño.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 11 ata o día 14 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición.

3. A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 21 de xuño.

Artigo 29. Emisión de certificacións

1. Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con oferta de ciclos formativos de formación profesional, a partir do día 24 de xuño.

2. En caso de superación total da proba, a certificación que o acredite dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

3. Ás persoas que non superen a proba na súa totalidade, esta certificación permitiralles conservar durante os dous anos seguintes as cualificacións obtidas nas partes superadas para as convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. A certificación recollerá, pola súa vez, as posibles exencións outorgadas, que manterán a súa validez para futuras convocatorias, sempre que se manteña a mesma estrutura da proba de acceso.

III. Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior (ED312D).

Artigo 30. Requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Artigo 31. Datas e lugares de inscrición

A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2018/19 (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro). O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.

Artigo 32. Presentación de solicitudes e documentación

1. As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.

2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude no formulario normalizado do anexo II e que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Artigo 33. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.

b) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 1).

c) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 2).

d) Xustificación documental do diagnóstico de TDAH (documento 3).

e) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 4).

f) Certificado de superación dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 5).

g) Certificado de profesionalidade de nivel II ou superior (documento 7).

h) Certificación da resolución de deportista de alto rendemento (documento 9).

i) Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) ou o equivalente da mutualidade laboral que corresponda (documento 12).

j) Persoal das Forzas Armadas: certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio (documento 13).

k) Certificación da empresa ou empresas en que se adquirise a experiencia laboral ou a memoria descritiva, segundo o modelo do anexo X desta orde (documento 14).

2. A documentación complementaria presentarase coa solicitude, segundo o establecido nos artigos 31 e 32 desta orde.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 34. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 1).

b) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 2).

c) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, realizada en Galicia (documento 4).

d) Certificado de superación dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, realizada en Galicia (documento 5).

e) Título de técnico auxiliar da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa (documento 6).

f) Certificación da resolución de deportista de alto nivel (documento 8).

g) Título de técnico deportivo (documento 10).

h) Título de técnico de artes plásticas e deseño (documento 11).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 35. Estrutura e organización da proba

A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010. Cada parte organizarase en probas de distintas materias conforme o seguinte:

a) Parte común:

– Lingua galega.

– Lingua castelá.

– Matemáticas.

b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos que posibilita o acceso, segundo se establece no anexo VII. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe que se lle examine:

– Opción A: Economía da Empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.

– Opción B: Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.

– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía.

Artigo 36. Exencións

1. De acordo co artigo 39.4 do Decreto 114/2010, quen participe nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior poderá solicitar a exención total ou parcial da proba. A persoa solicitante non poderá examinarse da parte ou das partes da proba para as que se lle conceda, nesta convocatoria, a exención.

2. Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Estas persoas han poder participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao superior, presentando directamente o certificado acreditativo correspondente.

Artigo 37. Exención de partes da proba

Poderán quedar exentas dunha parte da proba as persoas que acrediten, mediante o documento xustificativo ao que se fai referencia nos artigos 33 e 34, algunha das seguintes circunstancias:

1. Exención da parte común da proba:

a) Exención recoñecida nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior en Galicia (documento 4).

b) Superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional non incluídos na opción pola que se presente, conforme o anexo VII desta orde (documento 4).

c) Superación dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño (documento 5).

2. Exención da parte específica:

a) Exención recoñecida, na mesma opción, nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior en Galicia (documento 4).

b) Estar en posesión dun título de técnico auxiliar da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa (documento 6). A correspondencia entre o título de técnico auxiliar e a familia profesional do Catálogo nacional de cualificacións profesionais determinará a opción da parte específica á que lle corresponderá a exención, segundo o establecido nos anexos VIII e IX desta orde.

c) Superación dun certificado de profesionalidade de nivel II ou superior dalgunha das familias profesionais (documento 7). Terá exención da opción da parte específica correspondente, segundo a relación establecida no anexo VIII desta orde. Nas familias Marítimo-Pesqueira e Imaxe e Son, aterase ao disposto no anexo IX desta orde en función da cualificación profesional incluída no certificado de profesionalidade. De publicárense novas cualificacións profesionais, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa determinará a opción da parte específica da proba de acceso á que lle corresponde a exención.

d) As persoas que teñan a condición de deportistas de alto nivel ou de alto rendemento poderán solicitar a exención da parte específica da proba en caso de escoller a opción C, consonte o establecido no artigo 9.3.a) do Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento, e no artigo 36.1.f) da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia (documento 8 ou 9 segundo corresponda).

e) As persoas que posúan un título de técnico deportivo poden solicitar a exención da parte específica da proba en caso de escolleren a opción C (documento 10).

f) As persoas que posúan un título de técnico de artes plásticas e deseño poden solicitar a exención da parte específica da probas en caso de escolleren a opción B (documento 11).

g) Acreditación, como mínimo, do tempo equivalente a un ano de experiencia laboral a xornada completa de xeito que exista correspondencia entre as actividades profesionais desenvolvidas e as unidades de competencia dunha cualificación profesional de nivel II ou superior do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade ao remate do período de inscrición para as probas. Segundo a familia profesional á que pertenza a cualificación profesional obterase exención da parte específica da proba pola opción que corresponda no anexo VIII desta orde. Nas familias Marítimo-Pesqueira e Imaxe e Son, aterase ao disposto no anexo IX desta orde en función da cualificación profesional. De publicárense novas cualificacións profesionais, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa determinará a opción da parte específica da proba de acceso á que lle corresponde a exención.

1º. En caso de persoas traballadoras por conta allea, a documentación para presentar será:

– Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación (documento 12). En caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio (documento 13).

– Certificación da empresa en que se adquirise a experiencia laboral, segundo o modelo do anexo X desta orde, onde se fagan constar especificamente todos os aspectos requiridos no devandito anexo para cada unha das actividades laborais desenvolvidas pola persoa interesada relacionadas coa exención que solicita (documento 14).

2º. En caso de persoas traballadoras por conta propia, a documentación para presentar será:

– Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) onde conste o período de cotización no réxime especial de traballadores/as autónomos/as, ou o equivalente da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a (documento 12).

– Memoria descritiva segundo o modelo do anexo X, realizada e asinada pola persoa interesada, onde se fagan constar especificamente todos os aspectos requiridos no devandito anexo para cada unha das actividades laborais desenvolvidas pola persoa interesada relacionadas coa exención que solicita (documento 14).

Artigo 38. Relacións provisorias e definitivas de persoas admitidas e excluídas para as probas

1. A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 25 de febreiro. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións, farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 26 de febreiro ao 1 de marzo, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. Así mesmo, durante o período de reclamación poderase achegar a documentación pendente de entrega ou reclamada pola Administración referente ao solicitado na folla de inscrición.

3. A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 15 de marzo.

Artigo 39. Resolución das solicitudes de exención e de proba adaptada

1. A resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 25 de febreiro. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

2. Contra estas resolucións provisorias as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día 26 de febreiro ao 1 de marzo, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática.

3. A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 15 de marzo. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

Artigo 40. Comisións de realización das probas de acceso

De acordo co establecido no artigo 4, con anterioridade ao 11 de marzo, cada xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional comunicará por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o seguinte:

– O nome do inspector ou a inspectora responsable provincial das probas de acceso.

– A relación de centros públicos onde se vaian constituír as comisións de realización das probas, así como os centros adscritos. O día 15 de marzo farase pública esta listaxe en cada centro onde se realice a inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

– A relación das persoas integrantes das comisións de realización das probas, con detalle das funcións ou as tarefas que desempeñarán, en cada caso.

Artigo 41. Realización da proba

A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010.

1. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 10 de abril de 2019 no horario que se indica a continuación:

– Ás 9.00 horas: presentación.

– Das 10.00 ás 13.30 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).

– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII desta resolución).

2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Artigo 42. Relacións provisorias e definitivas de cualificacións

1. A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 29 de abril.

2. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 30 abril ata o 3 de maio, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición.

3. A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 31 de maio.

Artigo 43. Emisión de certificacións

1. Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con oferta de ciclos formativos de formación profesional a partir do día 3 de xuño.

2. En caso de superación da totalidade da proba e en función da opción elixida, de acordo co anexo VII desta orde, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais e, de ser o caso, ciclos formativos nos que se posibilitará o acceso a ciclos formativos de grao superior, nas condicións de admisión que se establezan.

3. Ás persoas que non superen a proba na súa totalidade, esta certificación permitiralles conservar durante os dous anos seguintes as cualificacións obtidas nas partes superadas para as convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. A certificación deberá recoller, pola súa vez, as posibles exencións outorgadas, que manterán a súa validez para futuras convocatorias, sempre que se manteña a mesma estrutura da proba de acceso.

IV. Disposicións.

Disposición transitoria única

No caso das persoas que superasen un programa de cualificación profesional inicial e realizasen o curso de preparación da proba de acceso a que fai referencia o artigo 41.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no cálculo final da nota da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio, engadiráselle á media aritmética a puntuación resultante de multiplicar polo coeficiente 0,15 a cualificación obtida no devandito curso. Deberase solicitar e achegar a acreditación do curso de preparación á solicitude de inscrición nas probas de acceso.

Disposición adicional primeira. Certificados de superación das probas por resolución administrativa

As persoas que nas convocatorias de 2017, 2018 e 2019 superasen algunha das partes da proba de acceso de grao medio ou grao superior na Comunidade Autónoma de Galicia e estean en condicións, logo de rematado o proceso, de acreditar nas partes non superadas algunha das causas de exención previstas nesta orde, poderán solicitar certificación de superación da proba en calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou nos centros integrados de formación profesional.

Tamén o poderán solicitar as persoas que, aínda que non teñan partes superadas, estean en condicións de ter a exención de todas as partes da proba de acceso de grao medio ou grao superior.

A emisión destes certificados poderase realizar en calquera centro docente público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2018/19.

A solicitude realizarase nos modelos do anexo I ou II, segundo corresponda, dirixida ao director ou á directora do centro, a partir da data en que se emitan os certificados da correspondente convocatoria ordinaria e ata o 30 de setembro de 2019.

Disposición adicional segunda. Vixencia das certificacións de superación das probas de acceso

1. A certificación de ter superada a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio, consonte o establecido na Orde do 1 de abril de 2002 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, ha ter os mesmos efectos que a certificación da superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio regulada nesta orde.

2. A certificación de ter superada a proba de acceso a un determinado ciclo formativo de grao superior, consonte a citada Orde do 1 de abril de 2002, manterá a súa vixencia ata a extinción do título correspondente establecido pola Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo.

Logo de extinguido o título establecido pola Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo, a devandita certificación ha permitir o acceso aos ciclos formativos declarados equivalentes para os efectos académicos, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo se estableza no correspondente real decreto do título.

3. As certificacións de realización de probas de acceso emitidas ao abeiro da Orde do 2 de decembro de 2008 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo continuarán vixentes nos termos en que foron emitidas.

Disposición adicional terceira. Vixencia das resolucións de exencións da parte específica da proba de grao superior

Quen dispoña de resolución positiva de exención da parte específica da proba de grao superior, ao abeiro da Orde do 1 de abril de 2002 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, modificada pola Orde do 30 de xaneiro de 2007, poderaa presentar en futuras convocatorias mantendo a súa validez sempre que a opción elixida, A, B ou C, inclúa o ciclo para o que se concedese a devandita exención.

Disposición adicional cuarta. Corrección do documento oficial de identidade

De se detectaren erros no número do documento de identificación (DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade dun Estado da Unión Europea), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación presentada na secretaría do centro de inscrición. A esta solicitude deberáselle xuntar unha fotocopia do documento de identificación, e deberá estar asinada polo director ou a directora do centro, que o comunicarán por vía de urxencia á Subdirección Xeral de Formación Profesional.

Disposición adicional quinta. Arquivamento e destrución das probas

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa será a encargada do arquivamento dos exames durante un mínimo de tres meses tras a súa finalización. Transcorrido este período poderá procederse á destrución das probas contra as que non se formule reclamación. No caso dos exames obxecto de reclamación, a documentación conservarase durante un período de cinco anos.

Disposición adicional sexta. Efectos económicos do tribunal e das comisións de realización de probas

Para os efectos previstos no artigo 26 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, o tribunal e as comisións de realización de probas consideraranse incluídos na categoría terceira.

Disposición adicional sétima. Tramitación de información

Os centros de inscrición e os de realización das probas tramitarán a información e a documentación referente ao alumnado participante a través da aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ou por calquera outro medio que esta determine.

Disposición adicional oitava. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administración públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nesta norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, paxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Disposición derradeira primeira

Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación do previsto nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Acta de cualificación provisoria/definitiva das probas de acceso
a ciclos formativos de grao medio

Convocatoria: ordinaria/extraordinaria.

Data de realización da proba (día/mes/ano).

Comisión de realización da proba:

………………………………………………………………………

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Nota
SL

Nota MA

Nota CT

Nota
CP

NF

Nota SL: nota da parte sociolingüística

Nota MA: nota da parte matemática

Nota CT: nota da parte científico-técnica

NF: nota final

E: exento/a

NP: non presentado/a

Nota CP: nota do curso de preparación das probas de acceso (consonte o establecido na disposición transitoria única desta orde).

Visto e prace

O/a presidente/a

O/a secretario/a

Asdo.:

Asdo.:

..............................................., .... de ............... de ......

ANEXO IV

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional

Certificado de realización das probas de acceso na convocatoria ordinaria/extraordinaria

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia

CERTIFICA:

Que don/dona ………...…………………………………………….…… con ……………….,
segundo consta na acta de cualificación definitiva das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio celebradas o ................. (día/mes/ano) ao abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2019, obtivo as seguintes cualificacións:

Parte
sociolingüística

Parte
matemática

Parte
científico-técnica

Nota curso preparación

Nota final

(En caso de cualificación final igual ou superior a 5)

Este resultado permítelle cursar calquera ciclo formativo de grao medio.

(En caso de cualificación final igual a «non apto/a»)

A cualificación obtida na parte superada ten validez durante os dous anos seguintes nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio convocadas pola Administración educativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

A exención dalgunha das partes terá validez en futuras convocatorias nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio convocadas pola Administración educativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, ..… de …………… de ………

ANEXO V

Acta de cualificación provisional/definitiva das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Convocatoria: ordinaria/extraordinaria.

Data de realización da proba (día/mes/ano).

Comisión de realización da proba:

……………………………………………………………

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Nota PC

Nota PE

NF

Nota PC: nota da parte común.

Nota PE: nota da parte específica.

NF: nota final.

E: exento/a.

NP: non presentado/a.

Visto e prace

O/a presidente/a

O/a secretario/a

Selo do centro

Asdo.:

Asdo.:

........................................, .......... de ................... de ..............

ANEXO VI

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional

Certificado de realización das probas de acceso na convocatoria ordinaria/extraordinaria

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia

CERTIFICA:

Que don/dona ………………………………………………….…… con DNI…………….,
segundo consta na acta de cualificación definitiva das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior celebradas o ........ (día/mes/ano) ao abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2019, obtivo as seguintes cualificacións:

Parte común

Parte específica

Opción ......

Final

(En caso de cualificación final igual ou superior a 5)

Este resultado permítelle cursar calquera ciclo formativo de grao medio e os ciclos formativos de grao superior das familias profesionais que se indican a seguir:

1.

2.

3.

4.

5.

(En caso de cualificación final igual a «non apto/a»)

A cualificación obtida na parte superada ten validez durante os dous anos seguintes nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior convocadas pola Administración educativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

A exención dalgunha das partes terá validez en futuras convocatorias nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior convocadas pola Administración educativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, ..… de …………… de ………

ANEXO VII

Familias profesionais e ciclos formativos aos que se pode acceder segundo a opción da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior

Proba de acceso superada

Familias profesionais e ciclos formativos aos que dá acceso

Opción A

Administración e Xestión

Comercio e Márketing

Hostalaría e Turismo

Servizos Socioculturais e á Comunidade

Ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos (da familia profesional de Imaxe e Son)

Opción B

Artes Gráficas

Edificación e Obra Civil

Electricidade e Electrónica

Enerxía e Auga

Fabricación Mecánica

Industrias Extractivas

Informática e Comunicacións

Instalación e Mantemento

Imaxe e Son (agás o ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos)

Madeira, Moble e Cortiza

Marítimo-Pesqueira (agás o ciclo superior de Acuicultura)

Transporte e Mantemento de Vehículos

Téxtil, Confección e Pel

Vidro e Cerámica

Opción C

Agraria

Actividades Físicas e Deportivas

Imaxe Persoal

Industrias Alimentarias

Ciclo superior de Acuicultura (da familia profesional Marítimo-Pesqueira)

Química

Seguridade e Ambiente

Sanidade

ANEXO VIII

Exención da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior segundo a familia profesional na que se acredite unha cualificación profesional de nivel dous ou superior

Familias profesionais

Exención da parte
específica da proba

Actividades Físicas e Deportivas

Opción C

Administración e Xestión

Opción A

Agraria

Opción C

Artes Gráficas

Opción B

Comercio e Márketing

Opción A

Edificación e Obra Civil

Opción B

Electricidade e Electrónica

Opción B

Enerxía e Auga

Opción B

Fabricación Mecánica

Opción B

Hostalaría e Turismo

Opción A

Imaxe Persoal

Opción C

Industrias Alimentarias

Opción C

Industrias Extractivas

Opción B

Informática e Comunicacións

Opción B

Instalación e Mantemento

Opción B

Madeira, Moble e Cortiza

Opción B

Química

Opción C

Sanidade

Opción C

Seguridade e Ambiente

Opción C

Servizos Socioculturais e á Comunidade

Opción A

Téxtil, Confección e Pel

Opción B

Transporte e Mantemento de Vehículos

Opción B

Vidro e Cerámica

Opción B

ANEXO IX

Exención da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior segundo as cualificacións profesionais de nivel dous
ou superior que se acrediten

Familias profesionais

Cualificacións profesionais

Exención da parte específica da proba

Imaxe e Son

IMS074_3 Asistencia á produción en televisión.

IMS221_3 Asistencia á produción cinematográfica e de obras audiovisuais.

IMS437_3 Asistencia á produción de espectáculos en vivo e eventos.

Opción A

IMS434_2 Animación musical e visual en vivo e en directo.

IMS435_2 Operacións de produción de laboratorio de imaxe.

IMS436_2 Operacións de son.

IMS075_3 Luminotecnia para o espectáculo en vivo.

IMS076_3 Animación 2D e 3D.

IMS077_3 Asistencia á realización en televisión.

IMS220_3 Asistencia á dirección cinematográfica e de obras audiovisuais.

IMS294_3 Cámara de cine, vídeo e televisión.

IMS295_3 Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos.

IMS296_3 Montaxe e posprodución de audiovisuais.

IMS438_3 Desenvolvemento de proxectos e control de son en audiovisuais, radio e industria discográfica.

IMS439_3 Desenvolvemento de proxectos e control de son en vivo e en instalacións fixas.

IMS440_3 Produción en laboratorio de imaxe.

IMS441_3 Produción fotográfica.

IMS442_3 Rexedoría de espectáculos en vivo e eventos.

Opción B

Marítimo-Pesqueira

MAP005_2 Confección e mantemento de artes e aparellos.

MAP006_2 Manipulación e conservación en pesca e acuicultura.

MAP009_2 Operacións en instalacións e plantas hiperbáricas.

MAP010_2 Operacións subacuáticas de reparación en flotación e reflotamento.

MAP011_2 Operacións subacuáticas de obra hidráulica e voadura.

MAP170_2 Operacións en transporte marítimo e pesca de baixura.

MAP171_2 Navegación en augas interiores e próximas á costa.

MAP231_2 Pesca local.

MAP495_2 Mantemento de instalacións en acuicultura.

MAP496_2 Operacións subacuáticas de salvamento e rescate.

MAP573_2 Mantemento dos equipamentos dun parque de pesca e da instalación frigorífica.

MAP574_2 Operacións de bombeo para carga e descarga en buques.

MAP575_2 Operacións de coordinación en cuberta e parque de pesca.

MAP591_2 Navegación e pesca marítima.

MAP592_2 Operacións de control do funcionamento e mantemento da planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares do buque.

MAP593_2 Operacións portuarias de carga, estiba, descarga, desestiba e transbordo.

MAP619_2 Goberno de embarcacións e motos náuticas destinadas ao socorrismo acuático.

MAP234_3 Navegación, transporte marítimo e actividades pesqueiras.

MAP497_3 Inspección, localización e ensaios non destrutivos en ambientes hiperbáricos.

MAP498_3 Intervencións subacuáticas no patrimonio natural e cultural somerxido.

MAP499_3 Supervisión de operacións en complexos e sistemas hiperbáricos.

MAP576_3 Documentación pesqueira.

MAP577_3 Observación da actividade e control das capturas dun buque pesqueiro.

MAP594_3 Control do funcionamento e supervisión do mantemento da planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares do buque.

Opción B

MAP007_2 Produción de alimento vivo.

MAP008_2 Engorda de peixes, crustáceos e cefalópodos.

MAP100_2 Engorda de moluscos bivalvos.

MAP101_2 Produción en criadeiro de acuicultura.

MAP102_3 Organización de lonxas.

MAP232_3 Xestión da produción de criadeiro en acuicultura.

MAP233_3 Xestión da produción de engorda en acuicultura.

Opción C

missing image file