Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4917

III. Outras disposicións

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019 pola que se fai público o acordo plenario polo que se designan os conselleiros integrantes da Sección de Estudos e Informes para o ano 2019.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia

RESOLVE:

Facer público o Acordo plenario do 15 de xaneiro de 2019, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se designan os conselleiros integrantes da Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo para 2019, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 21 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 18 do seu regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 15 de xaneiro de 2019, acorda:

Primeiro. A designación do conselleiro electivo Ignacio de Loyola Aranguren Pérez como membro da Sección de Estudos e Informes.

Segundo. A designación do conselleiro nato Fernando Ignacio González Laxe, como membro da Sección de Estudos e Informes.

Terceiro. Que, de acordo co número 2 do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia