Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4957

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 404/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 404/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Marcos Villamor Pérez contra a empresa Cervecom Cervecería de Santiago, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Marcos Villamor Pérez, contra Cervecom Cervecería de Santiago, S.L., efectúo os pronunciamientos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 20.2.2018, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Cervecom Cervecería de Santiago, S.L. a estar e pasar pola devandita declaración, e a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a data de efectiva readmisión a razón de 45,87 euros diarios, ou ben, por elección do empresario, á extinción da relación laboral con abono ao demandante dunha indemnización de 126,14 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercitarse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido devandito termo sen que o empresario optase entenderase que procede a readmisión.

2. Debo condenar e condeno a Cervecom Cervecería de Santiago, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 642,18 euros brutos en concepto de liquidación coa desagregación sinalada no feito probado quinto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecom Cervecería de Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza