Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 5009

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2018.

Con data do 23 de novembro de 2018, a Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente, adoptou o acordo de aprobación da oferta de emprego público 2018 que inclúe as seguintes prazas vacantes (expediente 31180/220):

Praza

Quenda
(quenda libre/promoción interna)

Tipo de vínculo xurídico (funcionarios de carreira/persoal laboral fixo)

Número de prazas ofertadas

Técnico/a de Administración xeral (rama xurídica)

Libre

Funcionario de carreira

1

Auxiliar Administración xeral

Libre

Funcionario de carreira

3

Subalterno/a

Libre

Funcionario de carreira

4

Técnico/a de xestión

Libre

Funcionario de carreira

1

Técnico/a medio/a servizos económicos

Libre

Funcionario de carreira

1

Enxeñeiro/a de camiños

Libre

Funcionario de carreira

1

Enxeñeiro/a técnico/a industrial

Libre

Funcionario de carreira

1

Técnico/a medio/a arquivos

Libre

Funcionario de carreira

1

Enxeñeiro/a técnico/a

Libre

Funcionario de carreira

1

Diplomado/a traballo social

Libre

Funcionario de carreira

3

Inspector/a obras servizos

Promoción interna

Funcionario de carreira

1

Programador/a informática

Promoción interna

Funcionario de carreira

1

Operador/a informática

Libre

Funcionario de carreira

1

Sarxento extinción incendios

Promoción interna

Funcionario de carreira

2

Bombeiro/a

Quenda libre (6)

Promoción interna (3)

Funcionario de carreira

9

Policía local

Quenda libre

Funcionario de carreira

8

Auxiliar biblioteca

Promoción interna

Funcionario de carreira

4

Director réxime interior zoo

Libre

Persoal laboral

1

Oficial oficios

Libre

Persoal laboral

11

Axudante oficios

Libre

Persoal laboral

8

Total prazas OEP 2018

63 (*)

De conformidade co disposto no artigo 59 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público (TREBEP) resérvanse un total de cinco (5) prazas para persoas con discapacidade, dúas delas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual (axudantes de oficios en réxime laboral) e as tres restantes para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade (unha praza de subalterno, unha praza de auxiliar de biblioteca da quenda de promoción interna e un axudante de oficios en réxime laboral).

(*) Das 63 prazas, 52 ofértanse pola quenda libre, das cales seis (6) se corresponden con persoal indefinido por sentenza xudicial e unha con persoal afectado pola disposición transitoria cuarta do TREBEP, cinco (5) resérvanse para persoas con discapacidade, dúas das cales para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual (7 % das 63 prazas convocadas).

Vigo, 26 de novembro de 2018

O alcalde
P.D. (decretos e acordos do 19.6.2015 e 30.12.2016)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal