Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5363

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 223/2018).

Despedimento obxectivo individual 223/2018

Demandante: Ana Betsabé García Patiño

Avogado: Torcuato Pablo Labella Lozano

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Gestio Illahotels, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despido obxectivo individual 223/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Betsabé García Patiño contra Gestio Illahotels, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 223/2018 sobre despedimento, seguidos por instancia de Ana Betsabé García Patiño, asistida polo letrado Sr. Torcuato Labella, contra a empresa Gestio Illahotels, S.L.

Decido.

Estimar a demanda formulada por Ana Betsabé García Patiño contra a empresa Gestio Illahotels, S.L., declaro a nulidade do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 4.194,82 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de euros 89,73 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 9 de febreiro de 2018, ata a data desta sentenza, por importe de 28.982,79 euros; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza