Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5339

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos por este organismo autónomo no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2019

Guillermo Evia Pérez
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Juana de Vega para a elaboración dunha guía de intervención en espazos públicos

Realizar unha guía de intervención nos espazos públicos, en que queden reflectidos uns criterios básicos de aplicación no deseño, na elección de materiais e nas formas de execución, diferenciando, ademais, entre os diferentes escenarios de paisaxes urbanas, rurais ou naturais

45.000 euros

16.11.2018

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e a Universidade de Vigo, a través da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, para a elaboración dunha guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas

Elaborar unha guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas coma unha ferramenta que axude á integración na paisaxe con criterios de calidade deste tipo de actividades, que sirva así para avaliar e mellorar a calidade da paisaxe galega. As intervencións previstas están incluídas dentro da nova planificación da Estratexia da paisaxe galega 2017-2020

45.000 euros

16.11.2018

Protocolo xeral de actuación entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Galicia Sustentable para a posta en marcha dun modelo de xestión integral da senda dos faros e a súa promoción e divulgación

Definir o marco xeral de colaboración entre ambas as institucións para procurar a promoción, divulgación e posta en valor da Senda dos Faros como itinerario de interese paisaxístico, en coherencia coa natureza e coas funcións que lle outorgan as directrices de ordenación do territorio e o Plan de ordenación do litoral (POL)

Sen achega económica

26.11.2018

Acordo de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) para a elaboración de determinacións na base de datos xeográfica empregada pola Axencia Tributaria de Galicia na comprobación de valores de inmobles de natureza rústica

Establecer as condicións de colaboración entre a Atriga e o IET para a análise da información que permita elaborar os ficheiros informáticos que conteñan a información precisa para xestionar a comprobación de valores dos tributos cedidos/xestionados pola Atriga relativos aos bens inmobles de natureza rústica, así como a xeración dun visor xeográfico web específico para visualizar as determinacións contidas nos devanditos ficheiros

Sen achega económica

26.11.2018