Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5154

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

BDNS (Identif.): 435677.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.

No caso da liña II (plans de igualdade) terán que contar como mínimo con 10 persoas traballadoras.

Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia que deberán ter contratado nesta comunidade autónoma un mínimo de 8 persoas ou de 10, no caso de plans de igualdade.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras, para o ano 2020, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un millón cincocentos catro mil cento noventa e oito euros (1.504.198 €), de acordo coa seguinte distribución:

Liña I. Certificacións de RSE: cento sesenta mil euros (160.000 €).

Liña II. Elaboración e implantación de plans de igualdade: catrocentos mil euros (400.000 €).

Liña III. Conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

Subliña 1. Incentivos para o fomento do teletraballo: trescentos mil euros (300.000 €).

Subliña 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: trescentos setenta e cinco mil euros (375.000 €).

Subliña 3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo: douscentos sesenta e nove mil cento noventa e oito euros (269.198 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será de 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria