Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas en procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2014/51/27 e tres máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes están á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñeceren o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o faceren, se terán por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes, ante o xulgado de primeira instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 7 de xaneiro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. de expte.

Efectos xurídicos

Data da resolución

NIE: Y0938977Q
NIE: Y0188951C

2014/51/27

Improcedencia de medida administrativa

17.10.2018

NIE: X7821270M

2014/80/27

Mantemento de medida administrativa e cambio de medio

10.10.2018

DNI: 34311422E

2000/533/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

23.10.2018

Kaltom Abaye

2018/151/27

Asunción de medida administrativa e recurso

19.10.2018