Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5350

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 167/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 167/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Muíño Turnes contra Inaltel, S.A. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por finalizado este procedemento de execución por instancia de Daniel Muíño Turnes contra Inaltel, S.A. e Fogasa.

Arquívese este procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e indicar no campo concepto “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida de “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Inaltel, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza