Con data do 17 de decembro de 2018, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, co fin de obter a coordinación entre os datos gráficos e os alfanuméricos de diversos predios resultantes do acordo de concentración parcelaria da zona de Maceda-Orois (Melide-A Coruña), ditou a seguinte resolución:
«O acordo de concentración parcelaria da zona de Maceda-Orois (Melide-A Coruña) foi declarado firme con data do 12 de xaneiro de 2016 e a acta de reorganización da propiedade autorizouse o 24 de febreiro de 2016.
Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 13/2015, do 24 de xuño, de reforma da Lei hipotecaria, e do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario, de obrigado cumprimento, e conforme a habilitación recollida na disposición transitoria sexta da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, levouse a cabo a revisión cartográfica e documental do acordo firme da antedita zona de concentración parcelaria.
Resultado da dita revisión –logo de trámite de audiencia– faise necesaria a modificación das superficies dos predios que se indican co fin de obter a coordinación entre os datos gráficos e os alfanuméricos, predios nº 826-1, 413, 97, 456, 241, 2-2, 13, 25-2, 39, 43-2, 107, 114-2, 134, 142, 148, 152-2, 154, 156, 165, 195-2, 198, 209, 230-2, 235, 256, 259, 377-2, 403-2, 510-3, 604, 615-2, 616, 625, 651, 660, 668, 671-2, 755, 822, 823-2, 864-2 e 869, que seguidamente se indican:
Unha vez vistos o informe emitido polo Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias da Coruña; a Lei 13/2015, do 24 de xuño, de reforma da Lei hipotecaria e do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario; a disposición transitoria sexta da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións de aplicación ao caso.
Esta dirección xeral, ao abeiro da disposición transitoria sexta da dita Lei 4/2015, do 17 de xuño, resolve facer constar os predios nº 826-1, 413, 97, 456, 241, 2-2, 13, 25-2, 39, 43-2, 107, 114-2, 134, 142, 148, 152-2, 154, 156, 165, 195-2, 198, 209, 230-2, 235, 256, 259, 377-2, 403-2, 510-3, 604, 615-2, 616, 625, 651, 660, 668, 671-2, 755, 822, 823-2, 864-2 e 869, coas superficies que se recollen no anexo desta resolución.
Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación».
A Coruña, 3 de xaneiro de 2019
O xefe territorial da Coruña
P.S. (Orde do 13.4.2016)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña
ANEXO
| Prop. | Predio | Subpredio | Superficie (m2) | 
| 53 | 826 | 2 | 7.202 | 
| 368 | 413 | 6.798 | |
| 396 | 97 | 8.010 | |
| 421 | 456 | 9.500 | |
| 434 | 241 | 78 | |
| 600 | 2 | 2 | 940 | 
| 600 | 13 | 38.630 | |
| 600 | 25 | 2 | 10.681 | 
| 600 | 39 | 16.398 | |
| 600 | 43 | 2 | 13.462 | 
| 600 | 107 | 7.576 | |
| 600 | 114 | 2 | 2.941 | 
| 600 | 134 | 3.295 | |
| 600 | 142 | 3.130 | |
| 600 | 148 | 5.165 | |
| 600 | 152 | 2 | 6.331 | 
| 600 | 154 | 6.978 | |
| 600 | 156 | 21.742 | |
| 600 | 165 | 5.111 | |
| 600 | 195 | 2 | 1.005 | 
| 600 | 198 | 1.465 | |
| 600 | 209 | 1.301 | |
| 600 | 230 | 2 | 3.737 | 
| 600 | 235 | 2.477 | |
| 600 | 256 | 1.119 | |
| 600 | 259 | 8.376 | |
| 600 | 377 | 2 | 223 | 
| 600 | 403 | 2 | 2.071 | 
| 600 | 510 | 3 | 1.932 | 
| 600 | 604 | 7.788 | |
| 600 | 615 | 2 | 4.759 | 
| 600 | 616 | 4.640 | |
| 600 | 625 | 4.175 | |
| 600 | 651 | 4.261 | |
| 600 | 660 | 4.285 | |
| 600 | 668 | 2.800 | |
| 600 | 671 | 2 | 199 | 
| 600 | 755 | 8.017 | |
| 600 | 822 | 29.004 | |
| 600 | 823 | 2 | 14.696 | 
| 600 | 864 | 2 | 7.688 | 
| 600 | 869 | 515 | 

 
					
