Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente MON-CO-0366/2018-DIA.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 20 de decembro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0366/2018-DIA.

Denunciado: 32211800R.

Acto de notificación: acordo de inicio.