O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O nomeamento de Ignacio Bueno Castel como vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2019
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar