Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5645

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2019.

Visto o artigo 91.1 da Lei reguladora de bases de réxime local, o artigo 128.1 do Real decreto lexislativo 781/1986, que aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, e o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Visto o artigo 21.1.g) da Lei reguladora de bases de réxime local, que atribúe a esta Alcaldía a aprobación da oferta de emprego público.

Decreto:

Primeiro. Aprobar a seguinte oferta de emprego público para o presente exercicio:

Dúas prazas de axentes da policía local, pertencentes á escala de Administración especial, subescala servizos especiais e clase de Policía local, en quenda libre.

Segundo. Publicar a oferta de emprego público na páxina web do concello, no seu taboeiro de anuncios e no Diario Oficial de Galicia.

Ribadavia, 2 de xaneiro de 2019

José Ignacio Gómez Pérez
Alcalde