Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RAI-DXEM-171/14.

O 7 de decembro de 2018, o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG núm. 131, do 12 de xullo), ditou a resolución do recurso de alzada RAI-DXEM-171/14 interposto por Dandy Lift, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, notíficase a Dandy Lift, S.L. a resolución antes referida.

A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal (https//notifica.xunta.gal).

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Todo isto de acordo co establecido no artigo 10.1, letra a), da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Conforme o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria