Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto do parque eólico Paradela (expediente LU 104-EOL).

Por Resolución do 1 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e recoñeceuse a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica do parque eólico Paradela, emprazado no concello de Paradela desta provincia, promovido pola sociedade Paravento, S.L. (DOG núm.190, do 28 de setembro). Por solicitude da empresa, do 6 de xullo de 2017, mediante a Resolución do 1 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, aprobouse a modificación da autorización administrativa de construción para o proxecto técnico do dito parque eólico e, posteriormente, por Resolución do 17 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de decembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, da instalación eólica mencionada (DOG núm. 6, do 9 de xaneiro de 2019).

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954 de expropiación forzosa.

Por razón do exposto, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados, cos cales non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan o vindeiro 25 de febreiro de 2019 no concello de Paradela, como punto de xuntanza, para levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírtese a todos os interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla 70, 27071 Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna citación individual, en que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas. Esta publicación realízase, igualmente, para os efectos que determina o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio Paravento, S.L., asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 21 de xaneiro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio en plano

Nº políg.

Parc.

Propìetario

Superficie en m2

Clasificación

Lugar

Pleno dominio

Servidumes

Zapatas

Plataforma

Viais

Voo

Prot. Eólica

Gabias

1

13

890

Concepción Díaz López
Olga Díaz López

15

Prado

Serra de Lagüela

2

13

59

Concepción Díaz López
Olga Díaz López

154

Prado

Serra de Lagüela

4

13

682

MVMC de Andreade, Vilaragunte e Barán. Presidente: Jesús Pablo López Fernández
Servizo de Montes (Consorcio)

179

4.143

1.120

2.164

16.729

546

Prado

Serra de Lagüela

6

13

64

Fidel López González

1.222

Prado

Serra de Lagüela

7

13

892

Hdros. Ramón Díaz Rguez
Rep: Manuel Díaz Abella

136

Prado

Serra de Lagüela

8

13

261

MVMC de Andreade, Vilaragunte e Barán. Presidente: Jesús Pablo López Fernández
Servizo de Montes (Consorcio)

1.344

13.424

22.087

17.470

96.518

1.779

Prado

Serra de Lagüela

12

13

264

José Ramón Arias López

2.095

Monte Alto

Serra de Lagüela

13

13

928

MVMC de Andreade, Vilaragunte e Barán. Presidente: Jesús Pablo López Fernández
Servizo de Montes (Consorcio)

5.731

Prado

Serra de Lagüela

14

13

926

MVMC de Andreade, Vilaragunte e Barán. Presidente: Jesús Pablo López Fernández
Servizo de Montes (Consorcio)

400

4.344

156

6.701

34.835

1.022

Prado

Serra de Lagüela

15

13

927

MVMC de Andreade, Vilaragunte e Barán. Presidente: Jesús Pablo López Fernández
Servzio de Montes (Consorcio)

195

Prado

Serra de Lagüela

16

13

704

MVMC de Andreade, Vilaragunte e Barán. Presidente: Jesús Pablo López Fernández
Servizo de Montes (Consorcio)

400

3.351

5.655

5.004

22.321

545

Prado

Serra de Lagüela

25

18

463

Juan Perfecto Fdez. López
Mercedes Cela Vila

767

Monte Alto

Serra de Lagüela