Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 635/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de Verónica García González contra María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarca Martínez, Maruchi 2008 Peluquería, S.L. e Mafiar, S.C., en reclamación por despedimento, rexistrado como despedimento 635/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a María José Martínez Alvariño e Aroa Chaudarca Martínez, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 6 de febreiro de 2019, ás 10.50 horas, na planta baixa, sala 3, edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lles sirva de citación a María José Martínez Alvariño e Aroa Chaudarca Martínez, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza