Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oímbra

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle para o axuste de aliñación da parcela situada na rúa do Forno, número 3, no lugar de Rabal.

Faise público que o Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de decembro de 2018, aprobou inicialmente, pola unanimidade dos once (11) membros da Corporación presentes, o estudo de detalle, que foi presentado por Francisco Suárez Fernández, para o axuste de aliñacións da parcela situada na rúa do Forno, número 2, no lugar de Rabal, e que está redactado polo arquitecto Gerardo Seoane Fidalgo, colexiado número 1042.

De conformidade co establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei, este expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no xornal La Región, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, e o prazo empezará a contar a partir do día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Oímbra, 10 de xaneiro de 2019

Ana María Villarino Pardo
Alcaldesa