Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6696

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (XVB 11/2018).

María José Vázquez Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Alicia Rodríguez González fronte a Manuel Boado Díaz, Eliseo González López, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Sarria, 12 de decembro de 2018

Vistos por Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada de adscrición territorial do TSXG adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado baixo o número 11/2018, iniciado por María Luisa López Vizcaíno, procuradora dos tribunais e de Alicia Rodríguez González, asistida pola letrada Ana María Vázquez Vázquez, fronte a Manuel Boado Díaz, representado pola procuradora Ana María López Vila e asistida pola letrada María José García Arias, e Eliseo González Pérez.

Resolvo:

Que debo desestimar e desestimo integramente a demanda interposta por María Luisa López Vizcaíno, procuradora dos tribunais e de Alicia Rodríguez González, contra Manuel Boado Díaz e Eliseo González López. Con imposición de custas á parte demandante.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación.

Así o acordo, mando e asino. Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada xuíza de adscrición territorial do TSXG adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria.

E ao se descoñecer quen son os herdeiros de Eliseo González López, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Sarria, 14 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza