Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2019 pola que se notifica requirimento do 18 de decembro de 2018 de retirada de vehículo con matrícula 2137DFJ abandonado no dominio público portuario do porto do Cangas (Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Antonio López Saavedra con DNI ****2376, en tanto que propietario do vehículo marca Mazda, modelo 3, con matrícula 2137DFJ, o seguinte requirimento por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo denuncia da policía portuaria do porto de Cangas, o vehículo que se identifica atópase estacionado en estado de abandono no aparcadoiro da concesión da Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas, no porto de Cangas, desde hai un ano.

Considerando o exposto, e unha vez que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 106.1 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial, requírese o titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Cangas.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo, e procederá en consecuencia ao seu traslado a centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, se ben, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia