Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a Resolución do 7 de xuño de 2018, ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente de concentración parcelaria de Vilar de Lebres (Trasmiras-Ourense).

De conformidade co disposto na disposición transitoria sexta, número 2, da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, faise pública por medio deste anuncio a Resolución do 7 de xuño de 2018, ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Vilar de Lebres (Trasmiras-Ourense). A dita resolución afecta o propietario nº 700, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Así mesmo, este anuncio publicarase na web da Consellería do Medio Rural, no xornal de maior tiraxe da provincia e nos lugares de costume.

Para coñeceren o contido íntegro da resolución, os interesados poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Teléfono: 988 38 64 89.

Ourense, 24 de xaneiro de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense