Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7219

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 14 de Barcelona

EDICTO (1009/2017).

Xuízo: despedimentos/cesamentos en xeral (artigo 124) 1009/2017

Sobre: despedimento

Parte demandante/executante: María Vanesa Mendiola Oliva

Parte demandada/executada: Externa Servizos, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

María Soledad Anadón Sancho, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 14 de Barcelona.

Neste órgano xudicial tramítase o procedemento arriba indicado en que se ditou unha resolución de data do 17 de maio de 2018.

En atención ao descoñecemento do actual domicilio da parte demanda Externa Servizos, S.L. e de acordo co disposto no artigo 59.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS) acordei citala, para que compareza na sede deste órgano xudicial o día 19.3.2019, ás 12.15 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, de xuízo, que terán lugar en única pero sucesiva convocatoria, o primeiro ante a letrada da Administración de xustiza e o segundo ante a maxistrada xuíza.

Advírtolle que debe concorrer cos medios de proba de que intente valerse. Se se trata da proba documental debe presentala debidamente ordenada e numerada.

Así mesmo, advírtolle que a súa incomparecencia inxustificada non impedirá a celebración dos actos de conciliación e do xuízo, que continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía e que poderá ser tida por conforme cos feitos da demanda.

Contra a devandita resolución a parte pode interpoñer recurso de reposición ante a letrada da Administración de xustiza , mediante un escrito que se debe presentar no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da notificación, en que se debe expresar a infracción en que incorrese a resolución, ademais dos requisitos e advertencias legais que constan na resolución e nos artigos 186 e 187 da LRXS.

A resolución que se notifica está á disposición da persoa interesada neste órgano xudicial.

Este edicto cumpre os criterios de protección de datos de carácter persoal no ámbito da Administración de xustiza establecidos nos artigos 236 bis e seguintes da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX) e a Instrución 6/2012 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e a protección de datos.

E, para que sirva de notificación e de citación a Externa Servizos, S.L., parte demandada, cuxo domicilio ou residencia se descoñece, expido e asino o presente edicto para a súa publicación no BOP, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se realizarán fixando unha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial, salvo as resolucións que deban revestir forma de auto ou de sentenza ou decreto cando poña fin ao proceso ou resolva un incidente, todo iso de conformidade co establecido no artigo 59.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Advertencia: conforme a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos contidos nesta comunicación e na documentación adxunta son confidenciais, estando prohibida a súa transmisión ou comunicación por calquera medio ou procedemento, e deben ser tratados exclusivamente para os fins propios da Administración de xustiza. Por iso, en caso de entenderse a dilixencia solicitada con persoa distinta da propia interesada, a documentación debe entregala en sobre pechado.

Barcelona, 15 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza