Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7397

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2019 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 9 de xaneiro de 2019, da Consellería de Facenda (DOG núm. 14, do 21 de xaneiro), e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 24 de xaneiro de 2019, no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo ao que alude a citada resolución.

Conforme o seu resultado, a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2019 empezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra Q.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda