Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7414

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 161/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 161/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Janete Lopes Pimentel contra Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Área de Descanso Paradela, S.L. sobre ordinario, ditouse dilixencia de ordenación de data 16.1.2019 citando para incidente de ampliación de demanda a celebrar o 21.2.2019 impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Marea Nocturna, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza