Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7394

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomean os membros da Comisión Técnica de Valoración da proba do galego no concurso unitario de traslados de funcionarios con habilitación de carácter nacional, se convocan os concursantes para a realización da proba e se fai pública a data, a hora e o lugar de celebración.

Por Resolución do 24 de outubro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Política Territorial e Función Pública, convocouse o concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional (BOE nº 270, do 8 de novembro).

De acordo co disposto na base quinta da antedita resolución, en aplicación do artigo 3 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os concursantes que non acrediten coa solicitude de participación no concurso estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, participarán nunha proba de galego eliminatoria.

No citado precepto establécese que a valoración da dita proba a realizará unha comisión técnica composta por tres persoas expertas na materia, nomeándose por cada membro titular un suplente.

Na súa virtude, vista a proposta realizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, esta Dirección Xeral de Administración Local,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear as persoas que a continuación se relacionan membros da Comisión Técnica de Valoración da proba do galego no concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional:

Titulares:

– Purificación Galán Boutureira.

– Concepción Armas Quintá.

– Concepción Díaz Candán.

Suplentes:

– Xosé Gregorio Ferreiro Fente.

– Armando Requeixo Cuba.

– Isabel Gil Gil.

Segundo. Convocar os concursantes que non acreditaron xunto coa solicitude de participación no concurso unitario de traslados convocado por Resolución do 24 de outubro de 2018 estar en posesión do Celga 4 ou equivalente para a realización dunha proba eliminatoria de galego.

A relación de concursantes que deberá realizar a devandita proba exporase no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Administración Local e na páxina web (http://www.eidolocal.es).

Terceiro. A proba terá lugar o vindeiro día 8 de febreiro de 2019, ás 10.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid nº 2-4, Santiago de Compostela.

Os concursantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo da Comisión.

Non se permitirá o acceso ao lugar da proba con teléfono móbil, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico.

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local