Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente PO-11603 e oito máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non o faceren así, se terán por notificados.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 9 de xaneiro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A/PO-11603

X1663869A

Revisión do programa individual

6.8.2018

BS210A/PO-18912

53170940T

Aprobación do programa individual

6.2.2018

BS210A/PO-19314

35128243K

Resolución por falecemento e arquivamento

20.7.2018

BS210A/VI-27314

35897625F

Declaración de caducidade e acordo de arquivamento

3.4.2018

BS210A/VI-34211

35812339M

Revisión do programa individual

24.4.2018

BS210A/PO-45945

35230155C

Resolución por falecemento e arquivamento

14.9.2018

BS210A/VI-46800

35199372B

Aceptación da renuncia e arquivamento

8.8.2018

BS210A/PO-52795

35871095L

Resolución por falecemento e arquivamento

1.6.2018

BS210A/VI-54778

53184718R

Declaración de caducidade e acordo de arquivamento

20.6.2018